Evo Morales: Heroe Mundial da Nai Terra
Publicado en Mundo o 07/09/2009 00:14 por Xosé AntónA Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) impuxo o pasado 29 de agosto ao presidente boliviano,
Evo Morales, unha medalla e un pergamiño, cos cales quedou declarado como defensor mundial da Nai Terra.
A condecoración foi imposta polo presidente da Asemblea Xeral da ONU, o nicaraguano Miguel D´Escoto, de visita na nación andina.
Esa distinción recoñece a firme postura do xefe de Estado boliviano en defensa do medio ambiente e a Nai Terra (Pachamama), con propostas concretas que presentou en varios foros internacionais.
D´Escoto sinalou que o primeiro presidente indíxena de Bolivia foi nomeado entre os tres líderes do mundo que encarnan os valores dignos. Morales comparte a distinción co líder histórico da Revolución Cubana, Fidel Castro, que foi nomeado «Heroe Mundial da Solidariedade» e co presidente defunto de Tanzania, Julius Nyerere, nomeado «Heroe Mundial da Xustiza Social».
A resposta do presidente boliviano foi moi Evo Morales:
Non é un recoñecemento a Evo Morales, é un recoñecemento aos nosos antepasados, a pobos orixinarios antes da colonia, durante a colonia, durante a República. Sempre defenderon a Nai os nosos irmáns, nesas comunidades onde non hai egoísmo, nesas comunidades onde non hai individualismo, nesas comunidades onde non hai ambición.
Grazas ao seu esforzo, o pasado 22 de abril a ONU instituíu esa data como “Día Internacional da Nai Terra” para que a comunidade internacional se sume á devoción e ao respecto milenario dos pobos andinos pola Pachamana (Nai Terra en aymara).
Necesitamos presentar ao mundo paradigmas de persoas, cuxo quefacer cotián representan valores que debemos asumir e imitar, dixo Miguel D´Escoto ao referirse a Morales.
Esas figuras, manifestou, sobresaen neste momento da historia que estamos vivindo, no cal debido ás grandes crises converxentes, subxacen, máis que nada, crises de ética.
O alto dirixente do organismo internacional destacou que Morales ( un gran aliado ideolóxico, na procura da autodeterminación dos pobos sudamericanos, de Hugo Chávez e Rafael Correa) demostrou estar plenamente comprometido coa transmisión dos grandes valores espirituais e morais dos nosos devanceiros de América Central, do Sur e do Caribe.
Eses valores, agregou, son moi necesarios para axudar ao noso mundo a saír do pantano neoliberal da cobiza e a irresponsabilidade social en que nos atopamos. Máis datos