De » A Revolución non será retransmitida» a «Ao Sur da Fronteira»

A pesar da campaña tendenciosa  golpista e fascista contra da proxección do documental venezolano «A Revolución non será retransmitida» púidose levar a cabo a súa realización finalmente, aínda que foi vetada pola maioría das grandes corporacións mediáticas. O filme, dirixido por Kim Bartley e Donnacha O´Brien, segue paso a paso as incidencias claves do golpe militar contra o goberno democrático de Hugo Chávez (11 de abril de 2002). Un golpe de estado con forte influencia dos medios masivos de comunicación que levou á ditadura máis curta na historia latinoamericana. O goberno democraticamente electo de Hugo Chávez foi brevemente derrocado por un grupo de ricos empresarios e oficiais militares. Pouco tempo despois que os  representantes desa oligarquía golpista foran benvidos na Casa Branca. Sobre a manipulación dos medios de comunicación durante o golpe de estado Venezolano tivo Estados Unidos unha presenza sombría.

A Revolución non será retransmitida

Agora proxéctase o documental Ao Sur da Fronteira no Festival Internacional de Cine de Venecia, que coloca ao Sur en primeiro plano ante Europa e ante o mundo cunha gran calidade e un gran respecto pola verdade. É o documental de Oliver Stone, en palabras de Hugo Chávez, unha boa forma de render tributo aos pobos suramericanos, á activa e transformadora resistencia da  concienzada maioría social. Como dicía o gran Mario Benedetti  «O Sur tamén existe». E os esquerdistas gobernos do Alba teñen moito que ver con iso. 50 anos despois da Revolución Cubana empézanse a notar os seus positivos  efectos en Suramérica.

Clica no video para velo
Podes ver otros en radiomundial.com.ve

 

Hugo Chávez con Oliver Stone na presentación do documental en Venecia

Clica no video para velo
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

 

Deixa unha resposta