Como pode ser que unha das asociación máis activas da Laracha estea fóra das convocatorias para axudas do Concello?

 

A resolución de subvencións concedidas polo Goberno da Laracha provoca unha considerábel sorpresa ao denegarSTOP á discriminacion   subvencións ás asociacións de veciños, entre elas á Asociación Veciñal A Cutareira, unha das máis activas da localidade e mesmo da comarca de Bergantiños. Tal é a sorpresa que esta asociación fixo público un comunicado rexeitando a actitude discriminatoria do conservador goberno municipal

Cantas veces se dixo que a administración municipal é a administración máis próxima á cidadanía? Moitas, e  así debería  ser, xa que é a primeira instancia, o primeiro banzo co que conecta a  poboación, colectiva ou individualmente,  na súa vida diaria, a primeira administración á que se lle demanda a prestación duns servizos aos que o pobo  ten dereito. Entre eses servizos está a acción cultural e  sociocultural  para a que non serven receitas do pasado. Pois hoxe en día entendemos a cultura non só como produto, senón como actividade social creativa e participativa, ademais de ser un xeito de comunicación no que se transmiten valores.

Por outra banda, as actividades culturais que as persoas realizamos están encamiñadas maioritariamente ao goce do tempo de ocio, a través das distintas asociación e/ou a través dunha estructura política municipal asentada, pero debilmente organizada na que o máis axeitado sería falar de distintas ou contrapostas actividades culturais en vez de ser un programa municipal coordenado de xestión cultural. Semella ser , á vista de moitos, unha política cultural municipal de francotiradores.

Ninguén dubida que o departamento de cultura ten a responsabilidade de xestionar a acción cultural, e que é o axente máis importante, aínda que non o único. Por iso deben soltarse duns anacrónicos esquemas sociais e culturais restrictivos e paternalistas que fuxan da espectacularización para embarcarse na creación, na diversidade cultural, na democratización e no incremento da participación dos diversos axentes culturais.

Tendo en conta iso sería conveniente crear puntos de contacto entre as diversas organizacións do municipio e a propia administración municipal, a través de relacións entre todos os axentes culturais para coordinarse, e non só coas simples e máis que peculiares relacións concello – asociación.

Aínda así, desde a administración local só se contacta con algunas mentres se pretende anular a outras.

Temos o exemplo máis claro na asociación Veciñal A Cutareira que ao longo deste último ano leva realizado un intenso traballo, tanto desde o aspecto reivindicativo e actuando de portavoz da veciñanza como dinamizando a vida cultural do noso concello levando a cabo distintas actividades desde a súa creación como asociación.

O goberno da Laracha non lle concede ningún tipo de axuda, discriminándoa desde a constitución da mesma e mesmo tentando desacreditala  unha e outra vez nos medios de comunicación ou agora negándonos o dereito a unha subvención que elabora cos impostos de tod@s @s contribuíntes.

Para eliminar esa discrimiación que executa o gobernó municipal era conveniente a creación do Consello Local de Cultura, unha ferramenta de asesoramento cultural e social do concello e do corpo asociativo (non executiva, esa función correspóndelle ao concello) na que ademais do propio concello, coas forzas políticas que o representan, estean presentes os diversos colectivos culturais e sociais da localidade. Este Consello, rexido a través de normas e regulamentos democráticos, sería o xeito máis adecuado de participación cidadá para a promoción de suxestións culturais, para asesoramento e consulta de programas, para promover o asociacionismo e mellorar a xestión dos servizos da área sinalada, entre outras accións a desenvolver. Así se levaría unha política cultural democrática, transparente na que todas e todos no sentiriamos representados como a sociedade participativa que deberiamos ser e que na práctica segue os esquemas dedocráticos restrictivos de tempos pasados. 

 

 

Deixa unha resposta