Ataque sen precedentes ao ensino público. Bergantiños

O xoves tivemos nais e país de alumn@s da comarca de Bergantiños una reunión conCarme Adán en Bergantiños Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento Galego para intercambiar opinións e informacións sobre as distintas  posturas adoptadas, relativas á situación educativa en Galiza, nun momento no que  o PP, no goberno da Xunta, realiza  un ataque ao ensino público sen precedentes nos últimos anos.

 Tanto as persoas asistentes á participativa charla, como as persoas conferenciantes amosáronse preocupadas polo camiño que estaba andando o PP no eido educativo. Falouse do grave problema de insuficiencia orzamentaria para comedores escolares; da redución de aulas infantís, sobre todo nas áreas rurais; a supresión do servizo público de atención domiciliaria a nenos e nenas que puxera en marcha a Xunta anterior, o recorte de profesorado e redución do profesorado de apoio; eliminación da cultura propia, supresión de ciclos formativos…

 

Do intercambio de opinión quedou de manifesto que o modelo proposto polo PP no ensino público atenta contra o dereito a unha educación universal e gratuíta.

  A pesar da pseudo austeridade, o custe do anticuado modelo do PP é moito máis caro que o modelo do bipartito e resulta menos eficiente.

  O que se está a facer é un recorte de diversas prestacións, entre elas un dos nosos dereitos elementais, o dereito á educación. A educación constitúe un dereito básico e universal para toda a cidadanía: o dereito a unha educación  de calidade e gratuíta é unha das conquistas sociais máis relevantes das sociedades desenvolvidas.

 

Deixa unha resposta