Artigo publicado en dpaso.blogspot: Voz dos poderosos

Dicía un periodista ( do que agora non me lembro do nome) que a ética xornalística a-voz-do-seu-amobasease en principios éticos firmes que lle indican o que está ben ou mal, tanto na recollida da información como na elaboración da nova que chegará aos usuarios do medio no que traballa. Da ética dependerá se o xornalista é un mercenario a soldo dos intereses económicos dos poderosos ou un profesional do sector. Pois semella que a ética, atendendo ao artigo que lin sobre La Voz de Galicia en dpaso.blogspot.com,   brilla pola súa ausencia nese medio do editor indeppendente:

Falla de ética“…Na cabeceira fundacional, La Voz de Galicia definíase como un xornal «político e comercial» e desde a aquela ofrecese como un mix de política e negocios. Negocio como empresa de comunicación e como axente de representación diante dos poderes públicos dos intereses dos seus socios estratéxicos. No mercado de favores e na representación diante dos poderes públicos a Corporación Voz é un dos máis eficientes e agresivos brókers. Política como información e desinformación, como factoría de lexitimación e como principal think tank conservador de Galiza…”  Ligazón ao artigo completo

 

Deixa unha resposta