A revolución cidadá na intervención máis recente de Hugo Chávez na ONU
Publicado en Mundo o 29/09/2009 00:39 por Xosé Antón
No semana na que a canle de televisión árabe Al Jazeera difunde o vídeo dunha entrevista na que un paramilitar colombiano fala do encargo recibido para asasinar ao presidente Hugo Chávez, as verdades irreversíbeis do presidente da República Bolivariana de Venezuela deberían ser escoitadas e aceptadas para poder vivir nun mundo que non debe continuar camiñando cara a deshumanización.
Convídote a visionar a intervención de Hugo Chávez, que marcou un xeito diferente de comunicarse no plenario da Organización das Nacións Unidas (ONU). Esta Organización condenou os actos de intimidación e o terrorismo químico realizados polo goberno golpista de Goriletti (co silencio consciente de EE.UU) contra a embaixada de Brasil en Honduras, onde se atopa refuxiado o presidente constitucional, Manuel Zelaya.
Seguro que queres perderte o interesante e máis recente discurso do presidente Chávez na ONU?- Clica aquí para ver a Hugo Chávez no seu máis directo estilo e as respostas ao seu discurso. Cortesía do programa Dossier (Telesur)