A chegada do presidente constitucional Mel Zelaya, abre as portas á reconstrucción da democracia en Honduras (nova ampliada)
Publicado en Mundo o 21/09/2009 23:53 por Xosé AntónPodes seguir esta nova por telesur e/ou acceder ao programa Dossier sobre a actual situación
Nun encontro cos medios de comunicación desde a embaixada de Brasil en
Tegucigalpa, Honduras, o Presidente Constitucional dese país, explicou as accións a despregar a partir deste momento.
Explicou que hai horas conversou co Chanceler (ministro de exteriores) de Brasil Celso Amorin preparando todo o necesario para a súa chegada á embaixada. Informou que espera a chamada do Presidente Lula. Antes xa conversara co Presidente de Venezuela, Hugo Chávez.
Asi mesmo dixo falar con José Miguel Insulza, algúns membros da OEA e con algúns da ONU, a UE e membros da comunidade africana.
Recalcou querer acompañarse do apoio moral de todos.
Dixo non ter contacto co Goberno de facto do golpista Micheletti, quen ordenou un toque de queda ás forzas represoras para impedir que o pobo se mobilice a favor do presidente constitucional.
Video onde as forzas represoras golpistas atacan ao pobo hondureño
Afirmou que se reunirá con grupos da resistencia inmediatamente ao culminar a entrevista cos xornalistas.
«Logo faremos contacto con xente respectable da sociedade hondureña para formar enlaces de diálogo e de verificación»
«É un momento de reconciliación» e fixo un chamado ao exército a non usar as armas contra o pobo.
Finalmente invitou aos habitantes da capital a trasladarse á embaixada de xeito pacífico a protexelo.
Neste momento os manifestantes que se atopaban fronte á sede da ONU en Honduras diríxense cara á embaixada.
O coordinador xeral da Fronte Nacional contra o golpe de estado de Honduras, Juan Barahona, asegurou este luns que existen poucas oportunidades de que o Goberno de facto de Roberto Micheletti poida manterse no poder por 24 horas, logo da chegada de Manuel Zelaya a Tegucigalpa.
«É moi difícil que o réxime golpista poida manterse por máis de 24 horas no poder e as Forzas Armadas terían que facer un baño de sangue para parar isto», asegurou o dirixente nunha entrevista concedida á televisora Venezolana de Televisión.
O golpista “presidente” de Honduras, Roberto Micheletti, negou este luns a presenza do mandatario constitucional, Manuel Zelaya, en territorio hondureño e asegurou que se atopa nunha suite dun hotel en Nicaragua. Vaia panoio este golpista!
Nota recente dos informativos: Hai uns 15 minutos, o embaixador de Venezuela ante a OEA, Roy Chaderton Matos, informou que o goberno de facto dirixido por Roberto Micheletti ordenou o toque de queda en Honduras, motivado polas numerosas manifestacións e mobilizacións a favor de Manuel Zelaya, presidente constitucional, polo seu regreso a Honduras. Xunto a acción policial pecháronse os catro aeroportos internacionais que ten Honduras co fin de que o secretario Xeral da Organización de Estados Americanos (OEA), José Miguel Insulza, non entre no país.
Mel Zelaya foi deposto por un golpe militar encabezado polo empresario Micheletti co apoio da base militar norteamericana