Archive for Setembro 25th, 2009

Outra agresión ultraconservadora contra o idioma galego

O goberno da Xunta, ao retrasar as axudas para os proxectos de fomento do uso doeuqueroogalego[1] galego, dá outro paso máis para reducir a xa precaria presenza do noso idioma nos centros educativos co obxectivo de acelerar a desgaleguización do ensino , nunha planificada campaña de agresión cara o  exterminio do galego, de inoculación de odio e desprezo por nós mesmos.

 Publica a CIG na súa web que A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de remitir aos centros docentes un escrito conforme atrasa até o ano vindeiro a convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego o que vai supor na práctica inviabilizar a posibilidade de executar diferentes proxectos de normalización durante este curso.

Desta nova faise eco Gz Nación que subliña ademais que a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) amosa a súa «preocupación e malestar» ante o retraso da convocatoria anual dos Proxectos de Fomento do Uso do Galego nos centros de ensino público e privado.