Archive for Setembro 24th, 2009

Ampliación sobre os acontecementos en Honduras. O proceder dun novo rexurdimento

Novas en continua ampliación:   Vídeo Dossier recente           Vídeo de DossierMel Zelaya retornado anterior.

Queres seguir a información sobre o que está a pasar en Honduras? Clica aquí

O sorpresivo retorno de Zelaya, o proceder de Brasil (que se quere soltar da presión do imperio) en Rebelión e a implicación de Israel

Informa Telesur que os xefes de Estados latinoamericanos que participarán na segunda xornada da Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU,) esixirán este xoves a restitución inmediata do presidente lexítimo de Honduras, Manuel Zelaya, tal como fixérono varios mandatarios da rexión na sesión do mércores.

No comezo da plenaria no organismo, os presidentes manifestaron o seu rexeitamento contra o golpe de estado do pasado 28 de xuño, e reclamaron a falta de contundencia na comunidade internacional para esixir a saída de Roberto Micheletti do poder.

Neste segundo día de asemblea espérase o pronunciamiento dos mandatarios de Venezuela, Hugo Chávez; Paraguai, Fernando Lugo; España, José Luís Rodríguez Zapatero e Guatemala, Álvaro Colom.

Ao redor de 300, outras fontes falan  de 400 detidos, despois da violenta represión militar e policial contra as manifestacións pacíficas de miles de valentes hondureños que celebraban a entrada do presidente Manuel Zelaya ao país. Mel, para sorpresa de Gorileti, Arias e dos políticos e militares de EE.UU. regresou baixo o maior secreto á súa patria, agachado no maleteiro dun coche.  Miles e miles de manifestantes saen ás rúas baixo consignas como “O pobo unido, xamais será vencido” e “Solidariedade, solidariedade, solidariedade”

  O goberno golpista   cortoulle a auga, a luz e o teléfono á embaixada brasileira (onde Zelaya obtivo refuxio) de Tegucigalpa, cidade que ten decretado toque de queda.

Os detidos están sendo trasladados ao complexo deportivo José Simón Azcona (de xeito similar ao que  fixeron en Chile  os Pinochetogolpistas) nun dos extremos da cidade onde xa hai centenares de feridos e, segundo Vía Campesiña, tres persoas asasinadas. Na madrugada hondureña, os corpos represivos fixeron uso de armas de fogo, bombas de gas lacrimóxeno, gas pementa e balas de goma contra as persoas que se atopaban fronte á embaixada brasileira.