A traidora postura socialista no Consello de Contas: deberían decatarse que a dignidade é a proba do algodón para saber se unha decisión é correcta ou non.
Posted in Galiza on 09/23/2009 12:19 a.m. by Xosé Antón
Outro acordo de máis que dubidosa dignidade política entre as forzas
españolistas, PP e PSOE, formalízase como un pacto en contra o Bloque Nacionalista Galego. O pacto entre os dous partidos centralistas é un achegamento entre forzas ultraconservadoras e os traidores liberais. Comentan en ANT que a cambio da maioría absoluta do PP no Consello de Contas o PSOE logra inmunidade parlamentaria para un acusado no famoso caso da axente electoral, o socialista Pablo García.
Isto deixa claro que o PP vai seguir durante os catro anos da lexislatura incumprindo as súas promesas electorais, agás unha que a maioría da sociedade non lle aproba: a discriminación do galego. E que a falla de credibilidade de Feijóo vai á par da falla de lealdade no compromiso e peso específico do número 1 do PSOE na Galiza, Patxi Vázquez.
Pódese crer nun voceiro socialista que pacta co PP para que os “populares” teña a maioría no consello de Contas, cando se tenta discriminar a unha forza política nacionalista, integrante do Parlamento Galego, para que non teña ningunha posibilidade de fiscalizar as contas nin emitir votos para aprobar ou rexeitar informes? Read the rest of this entry »