Archive for Setembro 20th, 2009

A Escola da Ignorancia como obxectivo prioritario do (des)goberno de Núñez Feijóo?

 

Esta semana arrancou o curso e comeza con tensións producidas polos recortes sociais, recorte de profesorado, reagrupamento de alumnos, folgas ou mobilizacións nas EOI, incumprimentos no  financiamento da Universidade

 Semella que o goberno da Xunta de Galiza, guiándose polas normas do capitalismo posmoderno, do lámina de Castelaoultraliberalismo conservador, iniciou no noso país un peculiar  axuste  entre a produtividade e a educación pública. Se nos guiamos por esta premisa e pola diversa información publicada, é acertado dicir que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encabeza un ataque ao ensino público sen precedentes nos últimos anos,  aplicando a teoría  educativa do ultraliberal estadounidense Zbigniew Brzezinski, á que Jean Claude Michéa que lle chama “a escola da ignorancia”. Se o goberno dos TUCSIM consegue  aplicar  esa teoría educativa estariamos a falar dunha vindeira desintegración social para a maioría social na Galiza.

 

Dese xeito, por unha parte pretenderíase  unha educación de excelente calidade para as elites sociais, outra  de simples competencias técnicas medias que trate de adquisición de habilidades temporais para persoas temporalmente humanas, tan temporalmente humanas como lles duren as posibilidades de producir para o sistema. E…

 unha  terceira e máis numerosa, esa á que Jean Claude Michéa lle chama “A Escola da Ignorancia”, cun obxectivo terríbel: a produción sistemática de consumidores manipulables, inmaduros, outro das engrenaxes necesarias para que a roda da mundialización – globalización siga mantendo e avanzando o sistema que lle interesa á poderosa elite económica.

 

 Para que esta situación sexa socialmente aceptada con “normalidade” na Galiza hai que dar varios pasos (moitos  xa están dados):

O primeiro é que o poder económico, mediático e político coincidan simultaneamente no mesmo escenario durante o tempo necesario para cumprir os obxectivos que marca a ideoloxía Brzezinski.

Despois varios transversais: Read the rest of this entry »