Archive for Setembro 18th, 2009

Como pode ser que unha das asociación máis activas da Laracha estea fóra das convocatorias para axudas do Concello?

 

A resolución de subvencións concedidas polo Goberno da Laracha provoca unha considerábel sorpresa ao denegarSTOP á discriminacion   subvencións ás asociacións de veciños, entre elas á Asociación Veciñal A Cutareira, unha das máis activas da localidade e mesmo da comarca de Bergantiños. Tal é a sorpresa que esta asociación fixo público un comunicado rexeitando a actitude discriminatoria do conservador goberno municipal

Cantas veces se dixo que a administración municipal é a administración máis próxima á cidadanía? Moitas, e  así debería  ser, xa que é a primeira instancia, o primeiro banzo co que conecta a  poboación, colectiva ou individualmente,  na súa vida diaria, a primeira administración á que se lle demanda a prestación duns servizos aos que o pobo  ten dereito. Entre eses servizos está a acción cultural e  sociocultural  para a que non serven receitas do pasado. Pois hoxe en día entendemos a cultura non só como produto, senón como actividade social creativa e participativa, ademais de ser un xeito de comunicación no que se transmiten valores.

Por outra banda, as actividades culturais que as persoas realizamos están encamiñadas maioritariamente ao goce do tempo de ocio, a través das distintas asociación e/ou a través dunha estructura política municipal asentada, pero debilmente organizada na que o máis axeitado sería falar de distintas ou contrapostas actividades culturais en vez de ser un programa municipal coordenado de xestión cultural. Semella ser , á vista de moitos, unha política cultural municipal de francotiradores. Read the rest of this entry »