Archive for Setembro 17th, 2009

É a economía idiota, é a economía! (parte 3)

 

O ex –presidente dos EE.UU. Bill Clinton é recordado  por usar a frase  ”É a economía, idiota” para criticar aoNúñez Feijóo Presidente George H. W. Bush. Clinton enfocaba a súa mensaxe nos temas que lle importaban aos cidadáns, como o desenvolvemento económico, o sistema educativo e o servizo sanitario.

Esa frase debería adicarlla  tamén a Núñez Feijóo, pois o seu executivo segue sendo un gris goberno paralizado no que só está a funcionar a súa plataforma mediática, a despilfarradora e extremista brigada de demolicións da autoestima d@s galeg@s e dos programas eficaces do anterior goberno bipartito da Xunta de Galiza. Para o desmantelamento das políticas transformadoras e para promover o racismo lingüístico teñen cartos dabondo; para as políticas sociais, educativas ou investimentos que garantan o benestar da poboación teñen o caixón cheo de telarañas.

Onte, o (seica) goberno da Xunta de Galiza avanzou que o orzamento de ingresos non financeiros da Xunta para 2010 caerá a niveis de 2006, un 13 por cento.  A conselleira de economía, nunha reunión mantida cos voceiros de Economía dos tres grupos parlamentarios, prevé unha redución de 1.500 millóns, debido a unha baixada do 16,5 por cento dos ingresos a conta do Estado e outra do 33 por cento correspondente ao Imposto de Transmisións Patrimoniais. 

 O deputado Fernando Blanco (BNG) criticou que o Goberno galego non cumpra coas súas promesas electorais, que o avance do orzamento non inclúe alternativas para dar solución aos problemas do País  agás a “resignación e reclamou que se reforce o gasto público  (afecta positivamente nas maiorías sociais) e se aposte polo investimento produtivo. O deputado nacionalista debía referirse neste segundo apartado ao investimento previsto no desenvolvemento do concurso eólico que o PP paralizou.

Read the rest of this entry »