Archive for Setembro 16th, 2009

Visita de Evo Morales: o que non dixeron os medios de (in)comunicación

Segundo os medios de comunicación españois – moi concentrados en reflectir soamente aspectos folclóricos,Evo Morales  e mostras  de agradecemento  do presidente Evo Morales –o líder boliviano resaltou na súa visita que España ten moita experiencia en autonomías, polo que pedía as súas reflexións, o seu asesoramento, para implementar as autonomías en Bolivia.

O que non di esa prensa é que 6 de decembro deste ano, os bolivianos elixirán nas urnas ao presidente e ao vicepresidente do país andino, así como aos membros da Asemblea Lexislativa Plurinacional (nome que adoptará o Congreso boliviano no 2010 e do que o estado español debería tomar exemplo).

 
Tampouco se lle dou repercusión ás palabras do presidente de Bolivia, Evo Morales, cando acusou este martes a Estados Unidos de inxerencia no país andino ao financiar aos partidos opositores bolivianos na campaña electoral das eleccións presidenciais do próximo 6 de decembro.

Nin que o mandatario aymara asegurase que a delegación diplomática de EE.UU. no país suramericano conspirara contra a súa xestión e dixo ter información de que a Axencia de Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional (USAID) paga as campañas electorais dos seus adversarios. Read the rest of this entry »