Archive for Setembro 15th, 2009

Hoxe iniciouse a campaña para retirar a simboloxía franquista da Laracha

 

A asemblea local do BNG da Laracha iniciou unha campaña para que o gobernoPraza do Xeneralísimo Franco conservador do concello da Laracha retire de inmediato a simboloxía franquista do noso concello. O primeiro paso consiste en entregar nos domicilios información sobre o que significa a Lei da Memoria Histórica, ademais dunha recollida de sinaturas para que  todas as persoas que estean de acordo coa iniciativa nacionalista poidan manifestalo.  A campaña comezou hoxe na capital larachesa, o domingo 20 deste mes estará na feira de Paiosaco e  despois continuará  por outros  núcleos de poboación da localidade.

A Lei da Memoria Histórica, en vigor desde o 28 de decembro de 2007, establece que:

“As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, adoptarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura”.

Que fai o goberno (PP) do concello da Laracha? Read the rest of this entry »