Archive for Setembro 9th, 2009

De » A Revolución non será retransmitida» a «Ao Sur da Fronteira»

A pesar da campaña tendenciosa  golpista e fascista contra da proxección do documental venezolano «A Revolución non será retransmitida» púidose levar a cabo a súa realización finalmente, aínda que foi vetada pola maioría das grandes corporacións mediáticas. O filme, dirixido por Kim Bartley e Donnacha O´Brien, segue paso a paso as incidencias claves do golpe militar contra o goberno democrático de Hugo Chávez (11 de abril de 2002). Un golpe de estado con forte influencia dos medios masivos de comunicación que levou á ditadura máis curta na historia latinoamericana. O goberno democraticamente electo de Hugo Chávez foi brevemente derrocado por un grupo de ricos empresarios e oficiais militares. Pouco tempo despois que os  representantes desa oligarquía golpista foran benvidos na Casa Branca. Sobre a manipulación dos medios de comunicación durante o golpe de estado Venezolano tivo Estados Unidos unha presenza sombría.

A Revolución non será retransmitida

Agora proxéctase o documental Ao Sur da Fronteira no Festival Internacional de Cine de Venecia, que coloca ao Sur en primeiro plano ante Europa e ante o mundo cunha gran calidade e un gran respecto pola verdade. É o documental de Oliver Stone, en palabras de Hugo Chávez, unha boa forma de render tributo aos pobos suramericanos, á activa e transformadora resistencia da  concienzada maioría social. Como dicía o gran Mario Benedetti  «O Sur tamén existe». E os esquerdistas gobernos do Alba teñen moito que ver con iso. 50 anos despois da Revolución Cubana empézanse a notar os seus positivos  efectos en Suramérica. Read the rest of this entry »