Archive for Setembro 7th, 2009

Evo Morales: Heroe Mundial da Nai Terra

A Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) impuxo o pasado 29 de agosto ao presidente boliviano,Evo Morales Evo Morales, unha medalla e un pergamiño, cos cales quedou declarado como defensor mundial da Nai Terra.
A condecoración foi imposta polo presidente da Asemblea Xeral da ONU, o nicaraguano Miguel D´Escoto, de visita na nación andina.

Esa distinción recoñece a firme postura do xefe de Estado boliviano en defensa do medio ambiente e a Nai Terra (Pachamama), con propostas concretas que presentou en varios foros internacionais.

 D´Escoto sinalou que o primeiro presidente indíxena de Bolivia foi nomeado entre os tres líderes do mundo que encarnan os valores dignos. Morales comparte a distinción co líder histórico da Revolución Cubana, Fidel Castro, que foi nomeado “Heroe Mundial da Solidariedade” e co presidente defunto de Tanzania, Julius Nyerere, nomeado “Heroe Mundial da Xustiza Social”.

A resposta do presidente boliviano foi moi Evo Morales:

Non é un recoñecemento a Evo Morales, é un recoñecemento aos nosos antepasados, a pobos orixinarios antes da colonia, durante a colonia, durante a República. Sempre defenderon a Nai os nosos irmáns, nesas comunidades onde non hai egoísmo, nesas comunidades onde non hai individualismo, nesas comunidades onde non hai ambición. Read the rest of this entry »