É a economía Feijóo, é a economía!
Posted in Galiza on 09/02/2009 08:20 pm by Xosé Antón
Unha xestión absolutamente desnortada, antigalega, que leva á confusión ao pobo, con aplicación de políticas
que resultaron ser unhas verdadeiras trapalladas, sen desenvolver ningunha acción de mellora da calidade de vida das galegas e galegos e aprobación do financiamento de políticas educativas ultraconservadoras son algunhas das cartas que lle pode presentar o actual goberno da Xunta de Galiza, cando comeza o novo curso político, ao Parlamento Galego.
Foi relativamente doado, co forte apoio da plataforma mediática conservadora (con La Voz de Galicia á cabeza) romper un xeito serio de goberno da anterior lexislatura. Agora o problema non é só saber que facer cos cachos, senón que, se non se che pasa pola cabeza volver unilos, saber deseñar e desenvolver un programa de goberno positivo para o país. Cada vez queda máis claro, xa o dicía Fernando Blanco, que a cidadanía galega percibe que a xeración TUCSIM do PP no goberno da Xunta segue en campaña electoral, que non goberna, pero paraliza as grandes accións do anterior goberno sen poñer ningunha medida alternativa eficiente sobre a mesa. Pois queda claro que a día de hoxe o Goberno TUCSIM segue sen reaccionar.
Señores TUCSIM, o seu presidente prometera que en 45 días o cobro das axudas para dependentes estaría arranxado. Non se fixo. E logo, xa non son necesarias?
Que pasa co crise do sector lácteo? Soluciónase co peche de granxas como dixo o actual conselleiro conservador de medio Rural? Paralizouse a creación do Grupo Lácteo Galego cando o PP derrogou o decreto eólico en contra dos intereses de toda Galiza. Para darllo aos seus amigos? Con todo o que pasou até o día de hoxe, os TUCSIM conforman un goberno da Xunta paralizado que só fai traballar a súa brigada de demolicións.
Así o percibe tamén portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, pois considera que a economía será o eixo central para o nacionalismo neste novo curso político, marcado de xeito ineludíbel pola situación económica de crise e de aumento do desemprego que está a afectar á sociedade. Read the rest of this entry »
