Archive for Setembro, 2009

Paralizado servizo público de atención domiciliaria de nenas e nenos que iniciara o BNG no bipartito

Afirma a deputada do BNG, Ana Pontón, que  a Xunta de Galiza (en mans do PP) ao non recuperar o programa deescola da ignorancia para as maiorías sociais canguros creado polo bipartito, demostra que o Goberno de Feijóo non só non acredita nos servizos sociais, tal e como está a demostrar na sanidade, na educación ou nas políticas de benestar, senón que demostra que non acredita realmente na igualdade.

A deputada nacionalista tamén denunciou que a decisión do Goberno de Feijóo “demostra a hipocrisía do PP xa que mentres presume de defender a familia, logo adopta decisións coma esta que van en contra das mulleres, da conciliación da vida familiar e laboral e da corresponsabilidade.

Neste último apartado discrepo con Ana Pontón, pois non é que o PP presuma de defender  as familias. Defende determinado tipo de familia con un determinado poder adquisitivo. Igual que a  defensa de certa educación, xa que o goberno TUCSIM de Feijóo amosa que gusta moito da escola da ignorancia para as maiorías sociais, mais esa non é que deseña para as elites económicas.

Unha mala atención domiciliaria ou a falla dela va en contra das mulleres, da conciliación da vida familiar e laboral e da corresponsabilidade, o que  implica un benestar social en caída libre ao desaparecer os servizos públicos como servizos universais.  Así pouco a pouco camiñamos a un entorno de desintegración social e  coas medidas recentemente adoptadas polo PP no ensino avanzamos na perda de calidade educativa nos centro públicos mentres os privados reciben cartos a feixes.

De que estamos a falar daquela? Do que falabamos hai uns días: da escola da ignorancia

 

A revolución cidadá na intervención máis recente de Hugo Chávez na ONU

Mural bolivariano: Che Guevara, Simón Bolívar e Hugo ChávezNo semana na que a canle de televisión  árabe Al Jazeera difunde o vídeo dunha entrevista na que un paramilitar colombiano fala do encargo recibido para  asasinar ao presidente Hugo Chávez,  as verdades irreversíbeis do presidente da República Bolivariana de Venezuela deberían ser escoitadas e aceptadas para poder vivir  nun mundo que non debe continuar camiñando cara a deshumanización.

Convídote a visionar a intervención de Hugo Chávez, que marcou un xeito diferente de comunicarse no plenario da Organización das Nacións Unidas (ONU). Esta Organización  condenou  os actos de intimidación e o terrorismo químico realizados polo goberno golpista de Goriletti (co silencio consciente de EE.UU) contra a embaixada de Brasil en Honduras, onde se atopa refuxiado o presidente constitucional, Manuel Zelaya.

Seguro que queres perderte o interesante e máis recente discurso do presidente Chávez na ONU?
 

Morre todo o alumnado de infantil do colexio público Otero Pedrayo da Laracha no simulacro de incendio

Nun comunicado  feito público  polo Responsábel Local do BNG da Laracha, Fernandoincendio Gesto Montes,  informa da celebración dunha reunión no colexio Otero Pedrayo da Laracha na que as nais e pais de alumnos e personal docente debatiron sobre a situación na que se encontra o máis grande colexio público da Laracha. Nel coméntanse   as graves deficiencias que a administración galega debe  correxir no centro educativo:

 1. A falta de seguridade no edificio que acolle ao alumnado de Educación Infantil.  Demostrouse, no simulacro de incendio realizado,  que  nunha situación real quedarían atrapados polo lume todos os nenos e nenas de infantil.

2. As carencias de infraestructuras axeitadas no centro.

3. A falta de profesorado e persoal de apoio.

4. A precaria  situación das coidadoras do comedor

Non podemos os pais e nais quedarnos  coa resposta de que non hai cartos pois, mentres a Consellaría destina 258 millóns de euros ao ano a centros privados de Galiza, gasta só na cartelería da rede de escolas infantís miles de euros para cambiar o logo pola “galiña azul amaestrada”, ou despilfarrra centos de miles de euros en campañas propagandísticas e medidas destinadas a reducir a presenza do idioma e da cultura galega, deixan en condicións precarias o ensino público. O caso do Otero Pedrayo é un bo exemplo

Comunicado completo: Read the rest of this entry »

 

Ataque sen precedentes ao ensino público. Bergantiños

O xoves tivemos nais e país de alumn@s da comarca de Bergantiños una reunión conCarme Adán en Bergantiños Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento Galego para intercambiar opinións e informacións sobre as distintas  posturas adoptadas, relativas á situación educativa en Galiza, nun momento no que  o PP, no goberno da Xunta, realiza  un ataque ao ensino público sen precedentes nos últimos anos.

 Tanto as persoas asistentes á participativa charla, como as persoas conferenciantes amosáronse preocupadas polo camiño que estaba andando o PP no eido educativo. Falouse do grave problema de insuficiencia orzamentaria para comedores escolares; da redución de aulas infantís, sobre todo nas áreas rurais; a supresión do servizo público de atención domiciliaria a nenos e nenas que puxera en marcha a Xunta anterior, o recorte de profesorado e redución do profesorado de apoio; eliminación da cultura propia, supresión de ciclos formativos… Read the rest of this entry »

 

Outra agresión ultraconservadora contra o idioma galego

O goberno da Xunta, ao retrasar as axudas para os proxectos de fomento do uso doeuqueroogalego[1] galego, dá outro paso máis para reducir a xa precaria presenza do noso idioma nos centros educativos co obxectivo de acelerar a desgaleguización do ensino , nunha planificada campaña de agresión cara o  exterminio do galego, de inoculación de odio e desprezo por nós mesmos.

 Publica a CIG na súa web que A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de remitir aos centros docentes un escrito conforme atrasa até o ano vindeiro a convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego o que vai supor na práctica inviabilizar a posibilidade de executar diferentes proxectos de normalización durante este curso.

Desta nova faise eco Gz Nación que subliña ademais que a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) amosa a súa «preocupación e malestar» ante o retraso da convocatoria anual dos Proxectos de Fomento do Uso do Galego nos centros de ensino público e privado.