Suramérica desconfía das sete bases militares de EEUU en Colombia. O obxectivo do Imperio: quedarse coas riquezas do subcontinente

Para comprobalo clica neste vídeo do sempre interesante  programa Dossier (Unasur 10-08-09) conducido  polo xornalista e correspondente de guerra, Walter Martínez, a través do sinal da canle Venezolana de Televisión.  No programa comenta a reunión celebrada en Quito (Ecuador) onde os presidentes dos países suramericanos integrantes da Unión de Nacións do Sur falan, na ceremonia de cambio de presidencia de Unasur, do preocupante caso das bases USA en Colombia, a maior «flota» militar de EE.UU no «Israel» de América do Sur.

“Dossier” é un programa  único no seu estilo na televisión venezolana ou en calquera  televisión do mundo. Dossier é unha ferramenta necesaria, que brinda información de actualidade, nunha linguaxe directa e de fácil comprensión.

Para quen queira ler algo máis despois de ver o recomendado video, engado outros datos:
Estados Unidos e Colombia negociaron  un acordo cuxo obxectivo é, segundo o presidente estadounidense, Barack Obama, estreitar a cooperación bilateral, mediante o uso compartido de bases colombianas.

A pesar destas palabras de Obama os gobernos progresistas latinoamericanos, coñecedores da realidade e dos intereses  USA, seguen desconfiando da presenza militar estadounidense, segundo coincidiron distintos expertos.

«Estados Unidos segue sendo Estados Unidos», asegurou o vicepresidente de Política do Diálogo Interamericano, Michael Shifter, que sinalou que permanece na memoria «a historia de intervención de Estados Unidos na rexión e o apoio a réximes militares» no pasado.

O Goberno de Venezuela, veciño de Colombia, con cuxas autoridades ten constantes roces, é ao que máis lle alarmou o anuncio do acordo colombiano-estadounidense, pero en Cuba, Ecuador, Nicaragua e Bolivia tamén se acenderon luces vermellas.

O acordo contempla o uso compartido de até sete bases militares colombianas para a «loita contra o narcotráfico», que até hai menos dun mes dirixíase desde a base ecuatoriana de Manta, cuxa concesión non foi renovada polo Goberno de Ecuador. Pero aínda se descoñecen outros aspectos, segundo indicou a Efe un portavoz do Comando Sur de EE.UU.

Guerra entre países irmáns
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, acusou a EE.UU. de planear «unha guerra» entre países «irmáns» e a Colombia de «entregarlle a Estados Unidos o seu territorio para que desde aí continúe planificando agresións».

Con todo, segundo o director da consultora internacional McLarty Associates, Stephen Donehoo, o feito de que EE.UU. opte por Colombia «non é nada novo», pois ambos levan case unha década colaborando a través do Plan Colombia.

A presión que exerceu Estados Unidos sobre o presidente de Colombia, Álvaro Uribe Vélez, foi tan forte, dado o escuro pasado do Xefe de Estado ligado ao narcotráfico, que o mandatario colombiano viuse na obriga de ceder ás pretensións estadounidenses de instalar novas bases militares nesta nación suramericana. Cantos senadores e deputados non están presos hoxe por narcotráfico? E gobernadores, alcaldes e campañas electorais que foron financiadas con cartos provenientes do narcotráfico?

Xa quedara mal Uribe tras o fracaso militar  de acabar coas guerrillas das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (Farc) e o Exército de Liberación Nacional (ELN) durante oito anos de Goberno, tal como prometeu para gañar as eleccións. Sería para tapar que foi acusado nos últimos anos de estar ligado ao narcotráfico?

 A xornalista colombiana Virginia Vallejo, ex amante do maior narcotraficante da historia, Pablo Escobar Gaviria, publicou anos atrás un libro onde confesa pormenores da súa relación con Escobar e, entre as súas múltiples vivencias, di coñecer ao actual presidente colombiano.

Segundo a escritora, Escobar diría textualmente que “el (Uribe) é un dos nosos”. Esta expresión foi porque o pai do presidente colombiano sería socio de Escobar no narcotráfico.

Ante estas vantaxes (información é poder) por parte de EEUU, indubidablemente a administración de Obama esixiu ao Goberno de Bogotá que permitise e legalizase a instalación de bases militares en chan colombiano, tal como se está a  facer.

Obxectivo: as enormes reservas de petróleo venezolanas


O Goberno de Venezuela, veciño de Colombia e coas maiores reservas de petróleo do mundo ( que desexa o imperio) é ao que máis lle alarmou o anuncio do acordo colombo-estadounidense, pero en Cuba, Ecuador, Nicaragua e Bolivia tamén se acenderon luces vermellas.

É sintomático que a Axencia Central de Intelixencia (CIA) buscase información exacta acerca das datas programadas para as visitas do presidente da República, Hugo Chávez Frías, aos estados Táchira e Zulia, ás zonas fronteirizas con Colombia, sinalou o domingo pasado o xornalista venezolano  José Vicente Rangel.

Así mesmo, durante a transmisión dos Confidenciais, correspondentes ao programa “José Vicente Hoy”, que transmite a canle Televen, o xornalista indicou que avións colombianos puideron entrar e saír do territorio venezolano, debido a deficiencias ( hai poucos e están en conversas con China para mercar máis) que presenta o sistema de radares de Venezuela.

Dixo que esta información púidose coñecer nunha reunión de seguridade que se realizou en Bogotá, Colombia.

Rangel tamén indicou que informacións procedentes de Colombia indican que o pasado 20 de xullo arribaron a ese país, vía base militar de tres esquinas, 25 asesores israelís, e que un grupo deles foi destinado á base militar de Apiay, no Meta.

Revelou que de acordo coa información este persoal adestraría comando de infiltración para operar en Ecuador, Bolivia e Venezuela.

Por outra banda, referiu que medios de comunicación colombianos “plantaron” unha feroz campaña contra o actual director da Dirección de Intelixencia Militar, de Venezuela (DIM), Hugo Carvajal, en especial a revísta Semana, propiedade da familia Santos (ministro colombiano que quere ser o próximo presidente dese país) a quen  cualifican sistematicamente como o Montesinos de Chávez.

Do mesmo xeito, destacou que o xeneral Carvajal é un oficial honesto e eficiente. Un profesional que actúa con apego á normativa legal, pero os organismos de intelixencia da veciña Colombia non lle perdoan que desvelase numerosos delitos cometidos por efectivos militares colombianos e actividades do narcotráfico, así como a infiltración de paramilitares colombianos no territorio nacional de Venezuela.

Pero non só nos países do ALBA preocupa a potencial profundización, consolidación e un sobrepasamento da guerra de Colombia cara a outros países. A senadora colombiana Piedad Córdoba considera a instalación das 7 bases militares estadounidense no veciño país un perigo para a paz na rexión: o que lle debe preocupar a todos os colombianos é buscar os xeito para establecer un sistema que fale da paz e da xustiza e non coartar os dereitos da cidadanía en Colombia.

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, manifestou que as bases militares que os Estados Unidos pretenden instalar en territorio Colombiano buscan fracturar a unión latinoamericana e controlar a enerxía e a materia prima da rexión.

A instalación das sete bases da infamia en solo irmán ten o mesmo propósito que a base aérea de Soto Cano en Palmerola, Honduras (lugar onde se planificou o golpe de estado contra o presidente Mel Zelaya). O mesmo que a base de Mariscal Estigarribia en Paraguai: unha triangulación militar disposta a fracturar o proceso de unión latinoamericana, expresou na súa columna de opinión As Liñas de Chávez deste anterior domingo (09-08-09) tituladas ‘Colombia, Colombia’.

Para o mandatario venezolano , estas bases permitirían reconstruír o corredor do aparello de consumo do complexo-militar industrial no rteamericano e o control sobre unha sociedade narcotizada. Dixo que na Guajira xa están preparando o ataque. É moi perigoso isto, quixo alertalo. Xa o goberno de Uribe atacou ao Ecuador e bombardearon territorio ecuatoriano e non só iso, senón que se meteron, sacaron uns mortos, leváronllos aí, deixaron unhas mulleres feridas, fixeron o que lles deu a gana», manifestou.

O Mandatario nacional insistiu en que «o imperio está tratando de converter a Colombia no Israel de América Latina», e agregou que o primeiro obxectivo chámase Venezuela.

«Os colombianos e colombianas deben ser conscientes diso porque temos o desafío de impedir a guerra», dixo.

Ratificou que son un perigo para a estabilidade de ambas as nacións as sete bases militares que o Goberno de Uribe puxo á orde de EEUU.

 

Deixa unha resposta