Archive for Agosto, 2009

Francisco Rodríguez: o BNG está máis estable agora que hai un ano e máis clarificado

O Secretario de Formación do BNG asegura nunha entrevista en Xornal de Galicia  que o Bloque Nacionalista Galego está máis estable agora que hai un ano e máis clarificado. Francisco RodríguezNota que agora hai moitos sectores sociais que ven na nova Xunta un retroceso malia a estrutura de información existente que é tremendamente servil co poder.

Pregúntase como un sector do pequeno comercio pode apoiar ao PP que lle vai crear máis áreas comerciais. Considera que esa xente cabe no BNG, o que pasa é que hai medos, hai un problema de distorsión ideolóxica. Moitos non cren na capacidade do propio país e así laianse por unha parte pero arrímanse a quen lles fai sufrir. Afirma que o espectro social do BNG é moi amplo e variado, onde caben até algúns grandes empresarios, pero como feito minoritario: “Nós non podemos intentar captar á burguesía intermediaria”. Entrevista completa

 

Ensino público: caos e desinformación a poucos día do comezo do curso

 

   O  BNG da Laracha, nunha nota enviada aos medios de comunicación e publicada na web,  fai pública a súapreocupación polo ensino preocupación pola situación do ensino público na localidade e a inquedanza de moitas nais e pais diante da absoluta ausencia de información por parte da consellería de Educación, cando faltan moi poucos días para o inicio do curso escolar.

  Entre as incógnitas a despexar está a falla de mestras da Galescola (faltan dous mestres por asignar), as humidades no edificio, a inquedanza pola eliminación da gratuidade dos libros de texto, a discriminación ou segregación do alumnado pola lingua, o descoñecemento das materias que van ser impartidas en galego e en castelán…

 As familias carecen de información e non saben que vai pasar coa educación das súas fillas e fillos, sendo moitas as incógnitas por resolver sen que se reciba ningún tipo de información, nin por parte da Consellería de Educación nin por parte do concello. Dúas administracións nas que manda (gobernar conxúgase dun xeito máis responsábel) o PP. Read the rest of this entry »

 

A educación fai ao pobo libre e este está marcándolle o camiño a Chávez.

Non te perdas este vídeo de 4 minutos de duración  que protagoniza unha estudante venezolana  de 13 anos. Recomendo a súa visión despois de ler parte do artigo.

 

A recentemente aprobada Lei Orgánica de Educación (LOE) de Venezuela  coloca a educación como unha prioridade goberno de Hugo Chávez, ademais de desmantelar o negocio-control das empresas privada.

A LOE é beneficiosa para a educación universitaria e, entre outras medidas democráticas e integradoras, o orzamento será planificado conxuntamente cos estudantes, cada vez máis participativos, fartos da presión das empresas privadas . A súa aprobación causou fortes reaccións da oposición ultraconservadora, dos sectores oligárquicos imperialistas que , coas súas potentes plataformas mediáticas, non dubidan en atacar aos estudantes que comezan a erguer a súa voz a favor da nova lei de educación.

 Como estes sectores oligárquicos cuantitativamente son unha minoría, unha elite economicamente moi poderosa pero minoría social, pretenden impoñerlle os seus discriminatorios criterios, a través das súas golpistas plataformas mediáticas, ás maiorías sociais, ás clases traballadoras e á clase media en positivo que se manifestan a favor do ensino público.

 Agora son os estudantes pertencentes ás maiorías sociais – que non tiñan dereito á una educación de calidade co anterior réxime, e en moitos casos nin tan sequera o simple acceso á educación –  os que erguen a súa voz a favor do ensino público e de calidade e animan  a unirse para poder estudar por un futuro mellor. Read the rest of this entry »

 

Para que serve o Galego?

 

Volvo a subir este fermoso vídeo,  feito polo camarada Xosé María Cotelo que, atendendo ao que está a pasar na Galiza coa actitude da brigada de demolición dos trapalleiros TUCSIM, enche de agradábeis sensacións os sentidos despois de escoitar tanto exterminador do noso idioma nas distintas consellarías do goberno (anti)galego da Xunta.

 

 

Demolición das Galescolas: galiñas para os nenos e para os maiores gaivotas

Confírmase que co cambio de goberno na Xunta de Galiza pasamos a un sistema radicalmente distinto na educación de Demolición da galescola0 a 3 anos. Até se cambia o nome de Galescolas polo de “A Galiña Azul”. Dese xeito tamén desaparece a bandeira galega do logotipo malia que a bandeira é o símbolo principal de Galiza. Se cadra o conservador conselleiro de educación prefería “ La Gallina Blanca” que aínda era máis interesante, pero xa  o tiñan outros.

 

O responsábel de Educación, Jesús Vázquez Abad, destacou que a nova imaxe das (ex)Galescolas ía dirixida aos nenos e estaba cargada de significado. É ten moita razón, coa nova liña “retro” do actual goberno conservador, nas Galescolas cambia o moderno concepto de Educación  por Amaestramento.

 Pasamos dunha casa común con sorriso acolledor e bandeira galega a unha galiña vestida de presidiaria, o que significa retrasar, como pouco, 40 anos en calidade educativa. Os mesmos 40 anos que pasaron desde que Carlos Casares escribira unha serie de contos titulados «A galiña azul», dos que a Xunta colle a imaxe. Non se sabe cantos cartos van malgastar niso, cando hai necesidades que cubrir no ensino, mais só o cambio da cartelería da rede de escolas infantís custará 22.000 euros + IVE ás galegas e galegos. Un verdadeiro despilfarro  nun momento que a Xunta está a reducir investimentos irresponsablemente no ensino público e pechando escolas.

Mais estamos noutros tempos, ou deberiamos estar, e non parece axeitado reconverter as escolas en galiñeiros onde gardar nenos. Read the rest of this entry »