O Golpe de estado en Honduras e as bases militares en Colombia ameazan as democracias progresistas de Sur e Centroamérica.

O imperialismo soportou de mala gana os triunfos electorais de Chávez, Evo, Correa, Lula, Vázquez, Ortega, Funes, Zelaya ( o caso de Mel- deposto polo golpe de estado en Honduras- é un exemplo claro de que hai que estar pendente dos fíos que move a oligarquía) e outros dirixentes progresistas nos países que queren deixar de ser o patio traseiro do imperialismo ianqui. Pero nin moito menos a poderosa oligarquía puido ser eliminada, aínda que perdese poder,  en ningún deses países (noutros países son os que move os fíos do poder) e actúa permanentemente en contra dos procesos políticos progresistas coas súas plataformas falsimedia traballando a tope .

Países como Colombia e Perú, con presidentes sinistros como Uribe e García, son a cuña do imperialismo USA en Uribe e as bases militaresSuramérica (como Israel en Oriente próximo – Palestina) con bases militares que permiten manter baixo control aos pobos sometidos, sufocar movementos ideolóxicos contrarios, manter a recado as riquezas conquistadas ou vixiar as que se pretenden conquistar, e actuar axiña e a discreción contra as políticas de esquerdas que van en contra do sistema. Despois a súa poderosa maquinaria mediática mundial, emitindo falsidades “cribles” reproducidas en cadea, fará o resto.

Por iso, o ministro de Relacións Exteriores de Brasil, Celso Amorim, insistiu hoxe, en  linguaxe diplomática, que o novo acordo militar entre Estados Unidos e Colombia, que implica a instalación de cinco novas bases USA no país suramericano, debe ser “mellor explicado”, pois amplía a presenza de tropas alleas á rexión e crea unha “situación nova”.
De feito, estas novas bases militares constitúen un perigo real e concreto contra a soberanía e a estabilidade da rexión suramericana, puntas de lanza do novo colonialismo que vai ser tratado na reunión da Unión de Naciones Suramericanas (UNASUR) en Ecuador o 16 de agosto (e a que non ten pensado acudir o presidente de Colombia).

Este acordo militar con Colombia  permítelle aos USA  redimensionar operacións militares, labores de intelixencia, radioelectrónica, establecemento de novas frontes para a cuarta flota e o despregamento estratéxico de Estados Unidos e Colombia sobre calquera  país veciño. Tamén os oficiais, soldados ou mercenarios norteamericanos terán inmunidade xudicial no cumprimento das súas funcións cos mesmos privilexios de funcionarios diplomáticos da embaixada, licenza que lles permite actuar con absoluta impunidade.
Parecía que imperialismo se mostraba tolerante (se non había outro remedio) con varios deses gobernos. Mais no 2002 intentou sen éxito pór fin cun golpe de estado ao goberno do presidente Hugo Chávez e, no seu lugar, instaurar un goberno reaccionario de empresarios e banqueiros; en Bolivia as primeiras tentativas golpistas foron denunciadas no ano 2007, o intento de asasinato de Evo Morales foi o paso seguinte e en ambos os casos a embaixada ianqui xogou o papel de centro da conspiración. Agora tocoulle a quenda a Honduras e proximamente ( se unha boa interacción da alianza do Alba non o remedia) a Ecuador.

O golpe de estado en Honduras demostra que a presenza de Barak Obama na Casa Branca non vai producir ningún cambio na política exterior USA. O Imperio non acepta a democracia nin aos gobernos de esquerda na zona Sur do seu taboleiro de xadrez. E o movemento de pezas expresa que en Honduras non só se xoga a restitución do Presidente José Manuel Zelaya; alí ensáiase un ataque masivo para que a política reaccionaria da oligarquía se xeneralice na, hoxe, activa Suramérica. O imperialismo iniciou unha cruzada para saldar contas con gobernos de esquerdas, soberanistas, bolivarianos, que consideran a soberanía como un dos seus principais dereitos sociais e iso a EE.UU. non lle agrada nada, nada.

Porfirio Ponce, un dirixente sindicalista da resistencia ao golpe de estado realizado polo exército e a oligarquía en Honduras, dixo que os pobos do ALBA deben preparase para enfrontar os intentos desestabilizadores que promoven as oligarquías xunto ao imperio.
O caso Honduras como inicio da desestabilización Suramericana

 
Ponce afirmou que en Honduras non é un segredo para ninguén que Robert Carmona, un venezolano vinculado ao golpe de estado do ano 2002 contra o presidente Hugo Chavez, é quen dirixe e coordina o aparello represor da ditadura hondureña. Expresou que só os medios fascistas hondureños son os que se negan a admitir esa verdade. O golpe de estado en Honduras estaba previsto pola oligarquía latinoamericana para executalo alí ou en Guatemala, ao final decidíronse por realizar a asonada en Tegucigalpa. Non pensaron nunca que ían ter a resposta que ofreceu o valente e desarmado pobo hondureño. Ponce afirma que, a diferenza do que pretenden facer ver os medios de comunicación hondureños, a ditadura non puido consolidar o seu goberno debido á resistencia popular contra os usurpadores.

“Os usurpadores están matando a persoas que se manifestan contra os golpistas. Deben decatarse que saír ás rúas e Atacado polos militares golpistasmatar xente, á xente que está loitando, non por un home senón por restablecer a democracia en Honduras, non lles dará resultados”, advertiu a muller do presidente Zelaya, Xiomara Castro, durante o velorio de Roger Abraham Vallejo, o mestre hondureño morto por un impacto de bala no cranio, o xoves30 de xullo, cando funcionarios militares e policiais, baixo as ordes das autoridades golpistas, arremeteron contra unha protesta pacífica na que se pedía a volta do país á orde constitucional. Nesa protesta tamén resultaron feridas varias persoas, mentres uns trinta manifestantes foron detidos polos uniformados, entre eles o candidato presidencial independente Carlos H. Reyes, e o sindicalista Juan Barahora, dirixente da Fronte Nacional contra o Golpe de estado do 28 de xuño.
“A xente está pelexando por ideais”, subliñou e asegurou ter informes de que o presidente golpista, Roberto Micheletti, rodeouse de policías que pertenceron ao Batallón 3-16 dos escuadróns da morte que fixeron desaparecer a 184 persoas nos anos 80.
Manuel Zelaya
Desde a fronteira entre Nicaragua e Honduras, o lexítimo presidente hodureño, Manuel Zelaya, expresou a súa solidariedade coa familia do mestre. Mel, que non pode entrar ao país polo control que o exército golpista mantén na fronteira, expresou que “é un día de festa para os golpistas, porque segundo eles, fixéronnos perder un soldado”, coa morte de Vallejo, a cuxa familia expresoulle que sentan “reivindicados porque a súa morte ímola a reivindicar, a súa morte é un símbolo de esperanza”.
Hoxe- , en palabras do presidente ecuatoriano Rafael Correa – a ditadura mantense co apoio de grupos poderosos de Estados  Unidos e de oligarquías rexionais. Considerou que ‘a rebelión popular hondureña é moi forte’ e dixo que ‘tarde ou cedo (os golpistas) terán que irse á súa casa e, oxalá, ao cárcere’.
O presidente de Ecuador, Rafael Correa, dixo onte que”podería correr a mesma sorte que o derrocado mandatario hondureño Manuel Zelaya, no medio dunha arremetida mediática internacional que busca desestabilizar o seu Goberno. Temos algúns estudos de intelixencia que din que logo de Zelaya veñen por min (…) o próximo son eu, por determinadas condicións do país, ao que queren desestabilizar”, dixo Correa no seu informe semanal.

 

Cronoloxía do golpe de estado e heroica resistencia civil hondureña


Durante a madrugada do domingo 28 de xuño, o presidente de Honduras, Manuel Zelaya, foi secuestrado e sacado áMilitares golpistas hondureños forza por militares encapuchados da súa residencia presidencial en Tegucigalpa. Trasladárono á base militar Hernán Acosta Mejía, nos arredores de Tegucigalpa. Logo de permanecer durante un tempo en devandita base militar, o presidente Zelaya foi enviado a Costa Rica no avión presidencial, país que o recibiu mentres o brutal golpe militar aínda estaba en pleno desenvolvemento en Honduras. Mentres ocorría o golpe de estado, os militares estadounidenses e os representantes de Wáshington na embaixada de EEUU en Tegucigalpa tiñan pleno coñecemento dos sucesos.
Estados Unidos mantén unha base militar en Soto Cano, situada a 97 quilómetros da capital, operativa desde o ano 1981, cando foi activada polo goberno estadounidense durante a administración de Ronald Reagan. Nos anos oitenta, Soto Cano foi utilizada polo Coronel estadounidense Oliver North como unha base de operacións da “contra” anti-sandinista, as forzas paramilitares adestradas e financiadas pola Axencia Central de Intelixencia (CIA) encargadas de executar a guerra contra os movementos esquerdistas en Centroamérica, e particularmente contra o goberno sandinista do actual presidente de Nicaragua. Desde Soto Cano, a “contra” lanzaba os seus ataques terroristas, escuadróns de morte e misións especiais que deron como resultado miles de asasinatos, desaparecidos, torturados, lisiados e aterrorizados en Centroamérica.
Como volvendo ao pasado, a vicecanciller do golpista goberno ilexítimo de Honduras, Marta Alvarado, asegurou o luns 20 de xullo que a crise política que vive Honduras tras o golpe de estado contra o presidente Manuel Zelaya é un reflexo da loita contra a progresista Alianza Bolivariana para os pobos das Américas (ALBA) na rexión.

“En Honduras estase xogando un papel moi importante no sentido de que de Honduras depende se continúa a avalancha (de integración) dos países do ALBA, e tamén de Honduras depende que os pobos dos países do ALBA esperten”, declarou Alvarado á prensa.

Zelaya adheriu en 2008 a Honduras ao ALBA, unha iniciativa de integración impulsada polo presidente venezolano, Hugo Chávez, á que tamén pertencen Cuba, Nicaragua, Bolivia, Ecuador e varios países caribeños. Alvarado reiterou que o Goberno que preside Roberto Micheletti “está estudando” desde hai varias semanas a retirada de Honduras dese mecanismo.
O goberno golpista-ilexítimo de Micheletti denunciou as supostas “ameazas” do Presidente Chávez e fixo delas un dos seus argumentos máis reiterados ante a poboación hondureña para intentar xustificar o golpe do pasado 28 de decembro. Ante os anuncios de retiro de axuda internacional a Honduras por non restituír a Zelaya, a vicecanciller sostivo que “estas son medidas que sempre se usan para cambiar as decisións dun lugar tan estratéxico geopolíticamente como é Fonduras”. Obviamente interesa ao imperio que a zona siga sendo o patio traseiro de EE.UU.
Folga Xeral en contra do golpe de estado en Honduras.


O golpe de estado perpetrado o pasado 28 de xuño é un problema político que incumbe a toda América e ao mundo enteiro, porque en Honduras está en xogo o destino da liberdade, a paz e a democracia do hemisferio americano. Moi equivocados están quen seguen crendo que os pobos de América están adormentados. Non! Non están na inmobilista Europa. Moi pola contra, nesta hora os pobos de Sudamérica están asumindo o papel que historicamente lles corresponde, o de ser os protagonistas dos cambios para derrotar a pobreza e a inxustiza social e poder alcanzar a felicidade. Son os sectores máis recalcitrantes do Imperio, en estreita alianza coas oligarquías e os depredadores grupos con apoios mediáticos, que sempre usufructuaron do hemisferio Sur, quen pretenden manter durmida á sociedade e as conciencias.
Distintos dirixentes progresistas suramericanos afirman que co golpe preténdese cercenar o dereito do pobo hondureño a que se respecte a súa decisión soberana e libre de construír o seu destino e o seu futuro. Esa liberdade pretende ser afogada en sangue e represión polos golpistas e o monicreque golpista Michelletti, e ante este feito o mundo enteiro debe reaccionar.

Os pobos do Alba, democracias de esquerdas, como pobos de América non permanecen inmóbiles ante esta afronta golpista. Non é unha loita por manter ao presidente Zelaya no goberno, senón de contidos máis profundos. É unha loita pola xustiza social e para que as maiorías sociais vivan como humanos. É unha loita contra aqueles que sempre estableceron sociedades de privilexiados con enormes desigualdades en materia de acceso a recursos, calidade de vida e poder.

Os golpistas pretenden, a pesar de que o pobo hondureño se rebela nas rúas, nas escolas, nas universidades, nas fábricas, nas plantacións, nos máis diversos recunchos e escenarios desa sociedade, que o resto do mundo- co apoio da prensa oligárquica- pasen a un segundo plano ou silenciar o clamor do pobo hondureño pedindo o regreso do seu presidente constitucional e líder popular, Manuel Zelaya.

A pesar diso e do terror social provocado polos golpistas, o clima de valente loita continúa .

Juan Barahona, dirixente da Fronte Nacional de Resistencia contra o Golpe de estado indicou que a Central Xeral de Traballadores (CXT), a Confederación de Traballadores de Honduras (CTH) e a Confederación Unitaria de Traballadores de Honduras (CUTH), decidiron ademais intensificar, no posible, a toma de estradas e o peche de todas as institucións públicas do país.
Así, as centrais obreiras máis importantes de Honduras acordaron por unanimidade a realización dunha folga xeral de traballadoras e traballadores dese país centroamericano.
Barahona asegurou que o primeiro obxectivo da resistencia é lograr o regreso ao seu cargo do presidente elixido polo pobo, Manuel Zelaya.
Apuntou que logo o movemento popular buscará a convocatoria dunha asemblea nacional constituínte que elabore unha carta magna para lograr unha democracia realmente participativa e con equidade social.

“O pobo mantense en loita pola liberación definitiva da nosa patria, que nos libere deste réxime golpista e oligárquico”, dixo.

Segundo o líder sindical, as forzas armadas e os empresarios atópanse desesperados pola persistente loita da poboación, mentres medra a condena da comunidade mundial ao golpe de estado.
“Nós estamos programando todas estas accións de protesta para debilitar aínda máis aos golpistas e sacalos do poder”, dixo a ABN.
Anteriormente, os mestres iniciaron unha folga de tres semanas iniciada un día logo da asonada militar, nunha estratexia de loita que inclúe tres días de clases e os restantes nas protestas.
Golpear aos golpistas onde máis lles doe: os seus petos


Asegurou Barahona  que esta loita non se deterá até a derrota dos golpistas e sexa restablecido no país a orde constitucional.
Para o presidente do Colexio de Economistas de Honduras, Manuel Bautista, o esborralle da economía agravouse co golpe de estado, e todo indica ‘que, no canto de ter medre económico, teremos un decrecimiento estimado en 2,6 %’.

Nos primeiros 30 días do réxime golpista repórtanse perdas da orde de 70 millóns de dólares, segundo estimacións preliminares do sector privado, que as atribúe ao clima de incerteza político, ao toque de queda militar e aos bloqueos de estradas, todo o cal afecta severamente ao sector de servizos que representa 45 % do PIB, explicou Bautista.

‘A caída da economía, dixo, obedece non só á crise política senón tamén ao sombrío panorama económico externo. O illamento ao que se someteu o país e o feito de que ningún goberno (Agás as simpatías do réxime colombiano) recoñeceu ao réxime de facto de Roberto Micheletti son todos factores que inciden no risco de colapso económico’, manifestou.

Honduras, cun PIB roldando os 14.000 millóns de dólares, está entre os países máis pobres de América Latina, con 80 % dos seus 7,8 millóns de habitantes na condición de pobreza, informou a axencia de noticias IPS.

Esta situación social viuse agudizada tras o golpe de estado que derrocou ao presidente constitucional , mantendo unha forte represión contra a maioría da poboación que esixe o retorno da democracia ao país.
En tanto, o xefe dos golpistas, o empresario Roberto Micheletti, dixo que se manterá no posto ata o 27 de xaneiro de 2010, cando vence o período do presidente constitucional, Manuel Zelaya e anunciou que descontará o salario a quen non acudan aos seus centros de traballo por participar en marchas ou protestas a favor do presidente Constitucional Manuel Zelaya.

 
Papel da prensa dereitista internacional


Mentres, a prensa dereitista mundial ( e non só a dereitista, pois con só ler un artigo de xornal.com - seica é un dos periódico  máis progre –  deste domingo 2 de agosto sobran palabras) segue satanizando ao lexítimo presidente deposto polo golpe militar (Mel Zelaya) con teorías cada vez máis ridículas.

Por exemplo o diario madrileño El Mundo publicou o pasado mércores un artigo que pretende describir o perfil do presidente de Honduras, Manuel Zelaya. A nota titulada As dúas caras de Zelaya, intenta mostrar a un macabro Zelaya que tiña unha ambición de poder que o levou a construír un réxime ditatorial.

A prensa dereitista internacional non se cansa de crear falsas imaxes dos progresistas gobernantes latinoamericanos que levan adiante os  necesarios cambios na rexión (exemplo é a postura moi crítica, case enfermiza, da televisión privada e tamén pública española coas políticas progresistas do presidente venezolano). O que non poderán manipular por máis vídeos, follas e tinta que gasten é a firme decisión do pobo hondureño de pelexar até o último das súas forzas, polo retorno do seu presidente Mel.

A dereita co golpe de estado


Un grupo de congresistas de a ultra-dereita gringa, encabezado polo republicano Connie Mack, tiña pensado viaxar a Honduras, para expresarlle ao goberno golpista e aos hondureños o seu apoio a “unha saída pacífica”.

Os lexisladores, organizaron a primeira viaxe de congresistas estadounidenses a Honduras tras o golpe de estado do 28 de xuño, para unha reunión en Tegucigalpa con representantes do goberno de facto de Roberto Micheletti, e dos demais poderes públicos.
A FAES, presidida polo anterior presidente español, J.M.Aznar, nun artigo asinado polo seu director adxunto de Relacións Internacionais, José Herrera, denuncia que a comunidade internacional faga “oídos xordos” ás voces que desde Honduras “apelan á lexitimidade constitucional do cesamento” do deposto presidente Manuel Zelaya e cualifiquen o sucedido de golpe de estado”. O propio ex dirixente mostrouse favorable á marcha de Zelaya.
Por outra banda, o ex chanceler mexicano Luís Ernesto Derbez criticou o labor do chileno José Miguel Insulza á fronte da Organización de Estados Americanos (OEA), e dixo que nese organismo debe exporse unha “intervención” en Honduras, publica este domingo a prensa local.

Dervez recalcou que “a OEA debería tomar medidas concretas” ante a crise que vive ese país centroamericano tras o golpe de estado que derrocou a Manuel Zelaya o pasado 28 de xuño. “Debésese estar pensando nun proceso de intervención”, subliñou.
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, asegurou este domingo que a “suposta intermediación” do seu homólogo costarriqueño, Óscar Arias, na crise política hondureña, desencadeada tras o golpe de estado, o que pretendía era preservar os intereses de Estados Unidos, cun plan que só incluía a volta do lexítimo presidente, Manuel Zelaya, “atado de pés e mans”.

O futuro

Aínda queda bastante que escribir del, mais se non fose polos países do ALBA o guión estaba rematado cun  final nada  feliz

 

Deixa unha resposta