Marcha Mundial das Mulleres convoca concentración en Coristanco contra a violencia machista
Publicado en A Costa da Morte o 09/08/2009 22:58 por Xosé AntónEn repulsa do asasinato dunha muller nesta localidade e de todo tipo de violencia exercida sobre as mulleres.
Outra muller asasinada na Galiza:
A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa
A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.
Non importa a idade, crenzas relixiosas, situación económica, formación ou estrato social. As mulleres seguimos a ser vítimas dos que se din «os nosos compañeiros» mais que non ven en nós a unhas iguais senon a seres que deben ser dominados e controlados ata chegar á morte.
Todas e todos temos que lembrar que debemos implicarnos na loita contra a violencia sobre as mulleres
É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista
Concentración en Coristanco, diante da Casa do Concello.
luns 10 de Agosto ás 20:30
