En resposta á campaña de exterminio do galego protagonizada polo PP da Laracha
Publicado en A Costa da Morte o 25/08/2009 20:44 por Xosé Antón
Á cruzada contra o galego desde que Feijóo preside o goberno da Xunta, levantando a bandeira do odio contra a nosa lingua, contra a nosa cultura, súmase agora o concello da Laracha.
Mais, tod@s temos que dar a batalla para paralizar o exterminio da nosa lingua que se está a facer desde as administracións nas que manda o PP, con todos os medios ao noso alcance, para respostar ás políticas de eliminación do galego, de inoculación de odio e desprezo por nós mesmos.
A pasividade, a inacción non é o mellor camiño. O mellor é unha oposición social activa, organizada que nos permita expresarnos. Un exemplo de activismo é a do camarada Xosé Cotelo Freire, presidente da A. VV. A Cutareira e membro da A.C. Quinta Feira.
Cotelo, como moitos galegos e galegas, non quere quedar calado e resposta, nesta ocasión, con este vídeo á campaña antigalega do PP no concello da Laracha. O PP protestara por unha pegada de cartaces en distintos puntos da localidade na que se criticaba as políticas de exterminio do galego que practica o actual goberno da Xunta de Galiza