E vai outra medida retrógrada do PP: A Xunta financia a segregación por razón de sexo no ensino privado

Os TUCSIM seguen a facer das súas trapalladas e grazas a que gobernan eles, os centros privados  van dDiscriminación por  razón de sexoispoñer de  preto de 3.000.000 de euros para promover un ensino sexista reaccionario que  vai contra da lei.

Xa non semella moi normal que os centros de ensino privado sexan  financiados con cartos públicos (256 millos de euros para subvencionarlle na súa totalidade o ensino) pero se aplican unas normas integristas contrarias á igualdade de dereitos entre homes e mulleres xa resulta escandaloso.

A medida acordada polo novo (seica) goberno da Xunta vai en contra do proceso de equiparación de igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, ademais de ir en contra da actual lexislación (disposición adicional vixésimo quinta, artigo 84 da LOE ; artigo 4 do Decreto 30/2007) que regula a admisión do alumnado e a Orde do 9 de xaneiro pola que se ditan as normas para aplicación de concertos educativos en Galiza, a cal no seu punto 2 do artigo 4º indica como obriga o cumprimento da normativa vixente sobre a non discriminación da admisión de alumnado por razóns de sexo.

Por iso a CIG anuncia a presentación dun recurso contencioso-administrativo  perante o Tribunal de Xustiza  de  Galiza contra esta resolución. Os centros agraciados aos que se lles subvenciona totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS Dei en concerto: Las Acacias, Monte Castelao e  Aloya, en Vigo, e Montespiño  e Peñarredonda  na Coruña.

 O BNG tamén cualificou de intolerábel esta medida do PP que constitúe un paso atrás máis dentro das decisións adoptadas polo PP no eido educativo, como a desgaleguización do ensino ou a eliminación da gratuidade dos libros de texto.

 

Deixa unha resposta