A pinochotista pseudoconsulta contra o galego

Farsa, pouco serio, ilexítimos e fraudulentos, trapallada, bochornoso espectáculo, considerábeis dúbidas, manipulación, proba de fraude, inútil, pseudoconsulta,  agresión lingüística, escurantismo, escasa participación, elemento de división, proceso tendencioso e crispante…Son algúns dos cualificativos que recibe de diversas organizacións galegas a consulta trampa contra o uso do galego no ensino. Entre outras, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (EDNL), A Mesa, o BNG, o PSOE, Confederación de APAs de centros públicos (Confapa) ou  a CIG rexeitan uns  resultados (da enquisa sobre o uso do galego no ensino) que consideran un fraude pensado para xustificar unha política de agresión lingüística contra o idioma proGZ Nación - a viñeta de Gonzalo Vilaspio de Galiza.

Despois de  cinco semanas de reconto e unha demora que amosa a pouca seriedade dos responsábeis políticos da actual Xunta, o anxo exterminador do galego presentou os seus datos extraídos da chapuceira pseudoconsulta. E, como sinalan as organizacións anteriormente nomeadas, os resultados da enquisa do galego no ensino teñen un cero en credibilidade ao non reunir as garantías científicas mínimas que puidesen avalar este proceso, outro xeito máis de  alimentar o autoodio .

A participación  nesta “enquisa” foi escasa , se nos cremos o que dixeron desde a Xunta pois os datos de control de proceso son inexistentes. Comparativamente,  foi moito maior no ensino privado ou concertado (aproximadamente 90%) que no público. O propio Lorenzo  recoñeceu que nos privados de FP “a participación foi altísma” mentres que na pública foi de só do 28 por cento. Outra falla da metodoloxía admitida pola Xunta é a baixa participación en Secundaria (38%) e FP (33%) mais non lles importa con tal que lles sirva esa enquisa, que habería que valorar nos seus xustos términos, para xustificar a derrogación do decreto do galego e reducir a xa precaria presenza do noso idioma no ensino, nunha planificada campaña de agresión contra o galego. Campaña contra a que debemos mobilizarnos co propósito de paralizar os ataques linguísticos deste goberno tardofranquista, que está decidido a consumar a súa planificada agresión.

Pois para valorar esta enquisa, ademais das completas valoracións  que fan  as organizacións galegas nas ligazóns que puxen nos primeiros  parágrafos deste artigo, recomendo ler esta opinión moi clarificadora que atopei no partado de comentarios de xornal.com

 Os Números do numerito

Anxo Lobezno 2009-07-31        15:04:40

Imos poñer a enquisa nos seus xustos términos:Foron contestadas 190.000 enquisas (hai que dalo por certo, porque non o sabemos). Como cada pai votaba tantas veces como fillos ten (hai que dalo por certo, porque non o sabemos), podemos deducir que as 190 mil enquisas correspóndense con 125.000 familias sobre a base de 1,5 fillos por familia (os do Opus mais, claro). Un 40% de 125.000 que se decantan por só en castelán (hai que dalo por certo, porque non o sabemos) significan 50.000 familias que equivalen a 100.000 persoas maiores de idade. O censo electoral é de máis de 2.300.000 electores residentes en Galicia e, polo tanto eses 100.000 votantes son o 4,3% do censo electoral. Vaise cambiar a lexislación para satisfacer a ese 4% do que se supón se coñece a súa opinión (suponse porque as garantías da enquisa…vaiche boa Vilaboa).Eu non nego que os resultados serían semellantes no caso un referendum, pero non houbo tal referendum. E que non me contesten os panolis de garda que o sistema educativo dun pais debe ser determinado polos pais que teñen fillos matriculados nese sistema educativo no curso 2.008-09 porque non é así.

 

Deixa unha resposta