A educación fai ao pobo libre e este está marcándolle o camiño a Chávez.
Publicado en Mundo o 21/08/2009 03:48 por Xosé AntónNon te perdas este vídeo de 4 minutos de duración que protagoniza unha estudante venezolana de 13 anos. Recomendo a súa visión despois de ler parte do artigo.
A recentemente aprobada Lei Orgánica de Educación (LOE) de Venezuela coloca a educación como unha prioridade goberno de Hugo Chávez, ademais de desmantelar o negocio-control das empresas privada.
A LOE é beneficiosa para a educación universitaria e, entre outras medidas democráticas e integradoras, o orzamento será planificado conxuntamente cos estudantes, cada vez máis participativos, fartos da presión das empresas privadas . A súa aprobación causou fortes reaccións da oposición ultraconservadora, dos sectores oligárquicos imperialistas que , coas súas potentes plataformas mediáticas, non dubidan en atacar aos estudantes que comezan a erguer a súa voz a favor da nova lei de educación.
Como estes sectores oligárquicos cuantitativamente son unha minoría, unha elite economicamente moi poderosa pero minoría social, pretenden impoñerlle os seus discriminatorios criterios, a través das súas golpistas plataformas mediáticas, ás maiorías sociais, ás clases traballadoras e á clase media en positivo que se manifestan a favor do ensino público.
Agora son os estudantes pertencentes ás maiorías sociais – que non tiñan dereito á una educación de calidade co anterior réxime, e en moitos casos nin tan sequera o simple acceso á educación – os que erguen a súa voz a favor do ensino público e de calidade e animan a unirse para poder estudar por un futuro mellor.
E que non se basea a política educativa do goberno Chávez só na , aínda que ilusionante, igualdade de oportunidades, senón tamén de resultados e está traballando niso. A xuventude xa o está a ver, xa non é o líder Chávez o que, nos seus discursos en Aló presidente, fala da necesidade de que a semente petroleira axude a formar, a educar, a facer país. É unha nova xeración, consciente de que un mundo mellor é posíbel a que comeza a marcar obxectivos. Vexamos un exemplo neste vídeo:
Agora os medios oligárquicos pretenden incendiar o sementado para iniciar todo unha manobra de axitación contra a LOE a nivel nacional e internacional. Pero atopáronse de fronte cun pobo que se negou rotundamente aos chamamentos golpistas. Un claro exemplo é o de Rosa Figuera, nai da adolescente que falou neste acto público co presidente da República. Esta nai considera, con toda razón, que as canles RCTV Internacional e Globovisión, a través dos seus programas, incorreron en inxuria, descualificación e instigación ao odio cara á súa filla, até cara á súa persoa e familia.
Cal é a razón desa resposta maioritaria do pobo venezolano, a pesares da forte campaña da oligarquía nacional e internacional?
No período comprendido entre 1998 a 2007 (desde o goberno de Chávez) a matrícula de educación superior incrementouse en 1.467.037 estudantes universitarios, xa que para o 1998 a matrícula chegaba a 668.109 e no 2007 estimáronse 2.135.146 alumn@s.
Esta matrícula aumentou grazas á creación da Universidade Bolivariana de Venezuela (UBV), a ampliación da Universidade Nacional Experimental da Forza Armada Bolivariana (UNEFA), a creación das aldeas universitarias de Misión Sucre, que busca lograr a tan ansiada municipalización da educación superior. Adicionalmente están en proceso de creación moitas outras universidades, sendo unha delas a Escola Superior en Ciencias Básicas
En 1998 o investimento do Estado en educación estaba preto de 3,9%, pero para 2007 subiu até 5,8%. E continua o incremento nestes anos .
Tamén, grazas ao forte pulo tecnolóxico nas zonas desfavorecidas, o número de usuarios de Internet medrou significativamente desde 1999, cando só se alcanzaba 680.000 persoas. No 2008 chega a 6,7 millóns de usuarios, o 24,2% da poboación. Moitos destes usuarios asisten aos Infocentros, espazos de consulta gratuíta de internet.
É dicir, que o Estado venezolano inviste en investigación científica, na formación de novos profesionais, en levar a ciencia ao pobo, en incentivar a creatividade de nenos, novos e adultos e ademais en proporcionarlle ferramentas tecnolóxicas a toda a poboación.
E a pobreza en Venezuela, en que nivel está ?
Pois reduciuse un 22,6% durante a última década. Así o indica o último informe publicado polo Instituto Nacional de Estatística.
A pobreza veuse reducindo nos últimos 10 anos de xeito importante, de 49% en 1998 pasou a 26,4% en 2009, sinalou o director do INE, Elías Eljuri, segundo apuntou a Axencia Bolivariana de Noticias (ABN). E a pesar que economía venezolana experimenta un descenso no medio da crise global.
Eljuri comentou que para a enquisa tomaron en conta as características de vivenda, fogar, poboación activa e inactiva, así como tamén as demográficas e educativas.
Nota do autor: Espazo creado para o debate da LOE:
http://proyectoeducativobolivariano.blogspot.com/2009/08/proyecto-de-ley-organica-de-educacion.html