Archive for Agosto 31st, 2009

A Galiza e a necesidade dun financiamento real

View more presentations from Xcotelo (Xosé María Cotelo Freire é presidente da A.VV. A Cutareira)
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, manifestou na Comisión de Economía e Facenda as “profundas discrepancias” do nacionalismo galego co modelo de financiamento autonómico presentado  pola Ministra Elena Salgado. O deputado nacionalista asegurou que “o resultado é un sudoku excesivamente complexo, opaco, falto de claridade e cheo de contradiccións” e, no caso de Galiza, “o acordo é insatisfactorio porque non garante a suficiencia financeira nin avanza en termos de autonomía fiscal e financeira”.

Jorquera tampouco esqueceu a «responsabilidade que tivo neste proceso o actual (des)goberno galego, que participou cunha actitude acomplexada, á defensiva e mesmo provinciana. Dificilmente se pode defender con eficacia aquelo no que non se cre».

O deputado nacionalista explicou que no ano 2007 o Estado recadou no noso País 12.500 ME, mentres que Galiza obtivo 8.100 ME do sistema de financiamento “ésta é a capacidade tributaria real de Galiza. Soportamos cargas impositivas superiores ao que o Estado nos transfire”. Ler máis

Francisco Jorquera, nunha entrevista no xornal de Galicia, informa que o Estado recada en Galiza 4.500 millóns de euros máis do que destina á comunidade en concepto de financiamento para as competencias que ten transferidas.

Así afirma que non se pode calcular a capacidade tributaria dun país avaliando unicamente as porcentaxes cedidas dos ingresos tributarios estatais onde teñen participación as comunidades autónomas, como son o IRPF, o IVE ou os impostos especiais. Hai que avaliar todo, e todo o que o Estado recada en Galiza por distintos conceptos. Nós temos capacidade para xerar recursos tributarios suficientes, non só para cubrir as nosas necesidades de financiamento, senón para contribuír ao sostemento dos servizos que son competencia do Estado, polo tanto, esa solidariedade e falsa.