O imperio contraataca e o pobo hondureño resiste. O efecto das bases militares en Colombia, parte 2.
Posted in Mundo on 08/27/2009 11:07 pm by Xosé AntónVideo 1 do programa Dossier presentado por Walter Martínez que explica de xeito sinxelo o asunto (25.08.09)
Video 2 do programa Dossier presentado por Walter Martínez que fala da reunión da OEA e dos efectos perigosos das bases norteamericanas no narcoestado colombiano.
Manuel Zelaya, presidente constitucional hondureño, debe volver ao poder inmediatamente e sen condicións, así o quere o pobo. Aos manifestantes non lles amedrentan as nutridas patrullas de militares e policías represores que siguen invariablemente as columnas de hondureños indignados contra a cuadrilla de usurpadores da democracia, encabezada polo empresario golpista, Micheletti.
O pobo leva en pé 60 días e non se cansan, porque a nosa loita é xusta, dixo o dirixente labrego Rafael Alegría nun dos seus discursos durante a longa camiñada de onte. Alegría estaba á fronte dunha extensa columna humana que se desprazou lentamente pola capital, Tegucigalpa.
A intensa actividade de onte mércores completouna unha caravana de vehículos que percorreu barriadas e avenidas de Tegucigalpa, iniciada apenas dúas horas despois de concluída a manifestación diante da embaixada de Estados Unidos.
O Golpe de estado en Honduras e o acordo militar subscrito entre os gobernos de Colombia e Estados Unidos, son feitos diferentes pero baixo unha mesma metodoloxía de inxerencia, de acordo coa análise do filósofo político, Miguel Angel Pérez.
A isto habería que unirlle a influencia da conexión israelí, pois cada vez é maior a asesoría de intelixencia militar e a importancia do armamento dese país en Colombia.
Na conferencia celebrada onte por membros do Parlamento Andino, o profesor Luís Bigott informou que as bases militares que os Estados Unidos instalarán en Colombia contarán coa presenza de elementos do servizo de intelixencia de Gran Bretaña e do Mossad de Israel, e os coñecidos contratistas (mercenarios) o cal significa que se conforman unhas estruturas completas para a dominación de América do Sur. Read the rest of this entry »