Tropas israelís secuestran palestinos para quitarlles os seus órganos
Posted in Mundo on 08/24/2009 07:14 p.m. by Xosé AntónUn destacado xornal sueco denunciou que soldados israelís secuestran palestinos para roubar os seus
órganos e vendelos no mercado negro.
Publicouse hai uns días na WEB de Venezolana de Televisión unha denuncia do diario sueco Aftonbladet na que, a través dun artigo titulado «Eles saquean os órganos dos nosos fillos«, o diario di que soldados israelís secuestran a mozos palestinos de Cisxordania e da Franxa de Gaza e devólvenos ás súas familias logo de extraer os seus órganos.
«Os nosos fillos son utilizados como doantes involuntarios de órganos», dixo un palestino de Nablus a Donald Bostrom, autor do artigo.
Tamén informou acerca doutros palestinos cuxos familiares foron vítimas da operación de contrabando de órganos.
Segundo o informe, todas as vítimas foron asasinadas, ademais de practicárselle unha autopsia aos seus corpos.
O artigo tamén menciona outro incidente similar ocorrido en 1992, na que un mozo activista palestino foi capturado por soldados israelís na zona de Nablus. O home recibiu un disparo no peito, nas pernas e o estómago.
O corpo do mozo atopouse cinco noites máis tarde. «Cando Bilal foi posto na súa tumba quedou claro para os presentes o abuso do que fora vítima. Read the rest of this entry »
