Demolición das Galescolas: galiñas para os nenos e para os maiores gaivotas
Posted in Galiza on 08/18/2009 11:36 p.m. by Xosé AntónConfírmase que co cambio de goberno na Xunta de Galiza pasamos a un sistema radicalmente distinto na educación de
0 a 3 anos. Até se cambia o nome de Galescolas polo de “A Galiña Azul”. Dese xeito tamén desaparece a bandeira galega do logotipo malia que a bandeira é o símbolo principal de Galiza. Se cadra o conservador conselleiro de educación prefería “ La Gallina Blanca” que aínda era máis interesante, pero xa o tiñan outros.
O responsábel de Educación, Jesús Vázquez Abad, destacou que a nova imaxe das (ex)Galescolas ía dirixida aos nenos e estaba cargada de significado. É ten moita razón, coa nova liña “retro” do actual goberno conservador, nas Galescolas cambia o moderno concepto de Educación por Amaestramento.
Pasamos dunha casa común con sorriso acolledor e bandeira galega a unha galiña vestida de presidiaria, o que significa retrasar, como pouco, 40 anos en calidade educativa. Os mesmos 40 anos que pasaron desde que Carlos Casares escribira unha serie de contos titulados «A galiña azul», dos que a Xunta colle a imaxe. Non se sabe cantos cartos van malgastar niso, cando hai necesidades que cubrir no ensino, mais só o cambio da cartelería da rede de escolas infantís custará 22.000 euros + IVE ás galegas e galegos. Un verdadeiro despilfarro nun momento que a Xunta está a reducir investimentos irresponsablemente no ensino público e pechando escolas.
Mais estamos noutros tempos, ou deberiamos estar, e non parece axeitado reconverter as escolas en galiñeiros onde gardar nenos. Read the rest of this entry »