A necesidade da comunicación alternativa. Da reflexión á acción.
Posted in Galiza on 08/17/2009 05:48 am by Xosé Antón![]() |
Zoé Valdés: O negocio do fascismo. Parte 2. Apoloxía do asasinato e a invasión a Cuba.
Zoé Valdés: O negocio do fascismo. Parte 3. Os máis soados ridículos.
Podía poñer como exemplo para este artigo unhas imaxes referidas á Galiza dun dos artigos anteriores, mais escollo o vídeo de Cubainformación ( 3 partes) por ser moi gráfico sobre a explicación da terxiversación que os grandes medios fan da realidade. Pode aplicarse na Galiza e noutros países con outros actores, donos de medios de (in)comunicación.
A necesidade da comunicación alternativa. Da reflexión á acción.
Na Galiza, e no resto do mundo, necesitamos medios de comunicación alternativos eficaces. Estes medios non deben caer no “erro” da esperpéntica mentira que caeron os medios de comunicación tradicionais, e particularmente no xogo dos falsimedia da dereita e neoliberais imperialistas.
A ideoloxización de dereita, os intereses económicos dos poderosos, nos medios de comunicación masiva chegou a niveis alarmantes nestes últimos anos. Esta circunstancia visualízase claramente nun dos medios de comunicación escrita máis vendidos do noso país, La Voz de Galicia. Están en mans de empresarios – editores que semellan afastados do interese xornalístico e máis comprometidos con intereses económicos de empresas foráneas, aspecto que tamén afecta o desenvolvemento profesional dos xornalistas deses medios.
Esta ideoloxización, verdadeiro veleno informativo con efectos devastadores para calquera país, permítelle, ás veces, á persoa (lectora, espectadora, oínte) saber a quen se vota, mais impídelle saber que se vota. Read the rest of this entry »
