Posted in A Costa da Morte on 08/14/2009 09:44 p.m. by Xosé Antón
En resposta ao contido do saúdo do Alcalde, tanto no libro da comisión de festas deste ano com
a en «El periódico de Laracha», o novo Responsábel Local do BNG da Laracha enviou un comunicado aos distintos medios informativos que podedes ler aquí:
O alcalde da Laracha explota aos traballadores do concello facendo que dean a cara diante dos veciños na comisión de Festas, aguantando estes as malas contestacións por parte da xente que pensa que é o concello o que debe facerse cargo das festas.
O alcalde agóchase detrás da comisión de Festas un ano máis e aproveita para facer propaganda encuberta do Partido Popular. Na carta de saúdo que sae publicada tanto no libro da comisión de Festas coma no Periódico da Laracha (subvencionado polo Concello) o alcalde terxiversa a realidade cando di: Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 08/14/2009 04:07 p.m. by Xosé Antón
Aparece un artigo na Web do BNG da Laracha onde comunica que no Diario Oficial de Galiza do 14 de agosto publícanse as axudas económicas concedidas pola Xunta a empresas
xornalísticas e de radiodifusión. Un auténtico escándalo xa que o grupo xornalístico «La Voz de Galicia» recibe máis de un millón de euros, case tres veces máis do que recibe a seguinte empresa (397.357 euros que recibe «Faro de Vigo»).
Deste xeito, o BNG considera que o Partido Popular está a pagar os favores a este grupo xornalístico por facer unha intensa campaña durante as pasadas eleccións autonómicas a favor do Partido Popular e de acoso e derrubo contra o nacionalismo, enchendo as súas páxinas día si e día tamén de calumnias e falsidades en contra da acción do BNG no goberno da Xunta.
Contrasta ese máis dun millón de euros que o PP concede a «La Voz de Galicia» cos ridículos 1.739 euros que recibe «Xornal de Galicia».
E por iso xa non estrana que os falsimedia ebrios de megalomanía e odio a Galiza (que practicou un golpismo mediático para tentar acabar co BNG) aínda non saciase os seus apetitos destructores e semelle que pretenden denigrar, cun xeito tendencioso de presentar a información, todo o que lles “cheire” a nacionalismo, atacando ao Bloque Nacionalista Galego e a colectivos que defendan os intereses colectivos das galegas e galegos ou a cultura do noso país.
Aquí preséntase un resumo ( en Euros) do que reciben as principais empresas
xornalísticas do país: Read the rest of this entry »