Moncho Reboiras recibiu onte a homenaxe da UPG nun acto multitudinario
Posted in Galiza on 08/13/2009 01:58 a.m. by Xosé AntónMoncho Reboiras (Xosé Ramón Reboiras Noia) recibiu onte en Ferrol como todos os 12 de agosto, nun acto con
nutrida asistencia, a homenaxe que a Unión do Povo Galego lle tributa todos os anos ao camarada asasinado en 1975 pola policía franquista, no número 27 do portal situado na rúa da Terra, en Ferrol.
Reboiras participaba, dentro da liña política acordada pola UPG, nun grupo dedicado a dotar de infraestrutura loxística ao Partido, con accións propias da cladestinidade e frente a un estado fascista. Atopandose en Ferrol, onde se estaba organizando a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabelece na noite do 11 de agosto do 75 un control na zona de Canido. Ás 2 da mañán numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordonaron o edificio onde foi asasinado. Read the rest of this entry »