Suramérica desconfía das sete bases militares de EEUU en Colombia. O obxectivo do Imperio: quedarse coas riquezas do subcontinente
Posted in Mundo on 08/12/2009 02:32 a.m. by Xosé AntónPara comprobalo clica neste vídeo do sempre interesante programa Dossier (Unasur 10-08-09) conducido polo xornalista e correspondente de guerra, Walter Martínez, a través do sinal da canle Venezolana de Televisión. No programa comenta a reunión celebrada en Quito (Ecuador) onde os presidentes dos países suramericanos integrantes da Unión de Nacións do Sur falan, na ceremonia de cambio de presidencia de Unasur, do preocupante caso das bases USA en Colombia, a maior «flota» militar de EE.UU no «Israel» de América do Sur.
“Dossier” é un programa único no seu estilo na televisión venezolana ou en calquera televisión do mundo. Dossier é unha ferramenta necesaria, que brinda información de actualidade, nunha linguaxe directa e de fácil comprensión.
Para quen queira ler algo máis despois de ver o recomendado video, engado outros datos: Read the rest of this entry »