A pinochotista pseudoconsulta contra o galego
Posted in Galiza on 08/01/2009 06:46 p.m. by Xosé AntónFarsa, pouco serio, ilexítimos e fraudulentos, trapallada, bochornoso espectáculo, considerábeis dúbidas, manipulación, proba de fraude, inútil, pseudoconsulta, agresión lingüística, escurantismo, escasa participación, elemento de división, proceso tendencioso e crispante…Son algúns dos cualificativos que recibe de diversas organizacións galegas a consulta trampa contra o uso do galego no ensino. Entre outras, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (EDNL), A Mesa, o BNG, o PSOE, Confederación de APAs de centros públicos (Confapa) ou a CIG rexeitan uns resultados (da enquisa sobre o uso do galego no ensino) que consideran un fraude pensado para xustificar unha política de agresión lingüística contra o idioma pro
pio de Galiza.
Despois de cinco semanas de reconto e unha demora que amosa a pouca seriedade dos responsábeis políticos da actual Xunta, o anxo exterminador do galego presentou os seus datos extraídos da chapuceira pseudoconsulta. E, como sinalan as organizacións anteriormente nomeadas, os resultados da enquisa do galego no ensino teñen un cero en credibilidade ao non reunir as garantías científicas mínimas que puidesen avalar este proceso, outro xeito máis de alimentar o autoodio .
A participación nesta «enquisa» foi escasa , se nos cremos o que dixeron desde a Xunta pois os datos de control de proceso son inexistentes. Read the rest of this entry »