Archive for Agosto, 2009

A Galiza e a necesidade dun financiamento real

View more presentations from Xcotelo (Xosé María Cotelo Freire é presidente da A.VV. A Cutareira)
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, manifestou na Comisión de Economía e Facenda as “profundas discrepancias” do nacionalismo galego co modelo de financiamento autonómico presentado  pola Ministra Elena Salgado. O deputado nacionalista asegurou que “o resultado é un sudoku excesivamente complexo, opaco, falto de claridade e cheo de contradiccións” e, no caso de Galiza, “o acordo é insatisfactorio porque non garante a suficiencia financeira nin avanza en termos de autonomía fiscal e financeira”.

Jorquera tampouco esqueceu a “responsabilidade que tivo neste proceso o actual (des)goberno galego, que participou cunha actitude acomplexada, á defensiva e mesmo provinciana. Dificilmente se pode defender con eficacia aquelo no que non se cre”.

O deputado nacionalista explicou que no ano 2007 o Estado recadou no noso País 12.500 ME, mentres que Galiza obtivo 8.100 ME do sistema de financiamento “ésta é a capacidade tributaria real de Galiza. Soportamos cargas impositivas superiores ao que o Estado nos transfire”. Ler máis

Francisco Jorquera, nunha entrevista no xornal de Galicia, informa que o Estado recada en Galiza 4.500 millóns de euros máis do que destina á comunidade en concepto de financiamento para as competencias que ten transferidas.

Así afirma que non se pode calcular a capacidade tributaria dun país avaliando unicamente as porcentaxes cedidas dos ingresos tributarios estatais onde teñen participación as comunidades autónomas, como son o IRPF, o IVE ou os impostos especiais. Hai que avaliar todo, e todo o que o Estado recada en Galiza por distintos conceptos. Nós temos capacidade para xerar recursos tributarios suficientes, non só para cubrir as nosas necesidades de financiamento, senón para contribuír ao sostemento dos servizos que son competencia do Estado, polo tanto, esa solidariedade e falsa.

 

 

La Voz de Galicia, Facebook e a Cia. A continua manipulación, as mobilizacións de sectores da dereita e as mentiras en contra de Hugo Chávez.

clica no vídeo para velo. Podes ver outros en radiomundial.com.ve

La Voz de Galicia e a continua manipulación. Agora fai de altofalante da ultradereita colombiana  en contra do presidente venezolano, Hugo Chávez.

Amosáronme un recorte do periódico  “ La Voz de Galicia” no que, como noutras ocasións,  se deturpaba a realidade. O artigo titulábase “Chávez amenaza con reventar hoy la cumbre de los países sudamericanos”.  Daba a impresión que o perigo estaba no discurso a favor do debate na Unión das Nacións Sudamericanas do presidente venezolano e non na instalación das bases USA que rexeita a grande maioría dos países suramericanos, menos os gobernos de Colombia e Perú (con gobernos seguidistas, serviles de EE.UU.)

 Uns gobernos rechamantes os de estes dous países. Perú até ten asilados a varias persoas que teñen abertos expedientes xudiciais nos seus propios países por presunta corrupción. Os seus presidentes son considerados uns lacaios de Estados Unidos polos  sectores da esquerda política do hemisferio sur e, lembran varios analistas e até dirixentes políticos, que  integrantes do Goberno de Uribe están apresados por narcotraficantes, nun país onde ser sindicalista ten perigo de morte (durante o 2008 foron asasinados 76 sindicalistas en todo o mundo, 46 desas mortes ocorreron en Colombia). Esta situación  sitúa a ese país como o máis perigoso para desenvolver calquera actividade  sindical.

Diso nada se dicía, mais ao final do tendencioso artigo a “Voz” publica unha “verdade a medias”: que en internet se xesta unha marcha mundial “ No más Chávez” convocada en todo o mundo para o vindeiro 4 de setembro. Pero non aclara quen convoca e a través de que medio. Calquera pode decatarse que non hai nada inocente nese velenoso artigo cheo de desinformación! 

Se nos mergullamos pola internet, encontraremos suficientes datos: organiza esta marcha a organización dereitista colombiana “No Más Chávez” a través das redes sociais do Facebook e Twitter. O obxectivo é desprestixiar  ao Presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez.

Porque  esta campaña se fai a través do Facebook? Porque a CIA investiu nela moito antes de que chegase a converterse nunha das redes sociais máis populares de Internet? Porque “La Voz de Galicia” fai de altofalante da ultradereita colombiana?

Read the rest of this entry »

 

O imperio contraataca e o pobo hondureño resiste. O efecto das bases militares en Colombia, parte 2.

Video 1  do programa Dossier presentado por Walter Martínez que explica de xeito sinxelo o asunto (25.08.09)Honduras resiste

Video 2  do programa Dossier presentado por Walter Martínez que fala da reunión da OEA e dos efectos perigosos das bases norteamericanas no narcoestado colombiano.

Manuel Zelaya, presidente constitucional hondureño, debe volver ao poder inmediatamente e sen condicións, así o quere o pobo.  Aos manifestantes non lles amedrentan as nutridas patrullas de militares e policías represores que siguen invariablemente as columnas de hondureños indignados contra a cuadrilla de usurpadores da democracia, encabezada polo empresario golpista, Micheletti.

O pobo leva en pé  60 días e non se cansan,  porque a nosa loita é xusta, dixo o dirixente labrego Rafael Alegría nun dos seus discursos durante a longa camiñada de onte. Alegría estaba  á fronte dunha extensa columna humana que se desprazou lentamente pola  capital, Tegucigalpa.

A intensa actividade de onte mércores completouna unha caravana de vehículos que percorreu barriadas e avenidas de Tegucigalpa, iniciada apenas dúas horas despois de concluída a manifestación diante da embaixada de Estados Unidos.
O Golpe de estado en Honduras e o acordo militar subscrito entre os gobernos de Colombia e Estados Unidos, son feitos diferentes pero baixo unha mesma metodoloxía de inxerencia, de acordo coa análise do filósofo político, Miguel Angel Pérez.

A isto habería que unirlle a influencia da conexión israelí, pois cada vez é maior a asesoría de intelixencia militar e a importancia do armamento dese país en Colombia.

Na conferencia celebrada onte por membros do Parlamento Andino, o profesor Luís Bigott informou que as bases militares que os Estados Unidos instalarán en Colombia contarán coa presenza de elementos do servizo de intelixencia de Gran Bretaña e do Mossad de Israel, e os coñecidos contratistas (mercenarios) o cal significa que se conforman unhas estruturas completas para a dominación de América do Sur. Read the rest of this entry »

 

En resposta á campaña de exterminio do galego protagonizada polo PP da Laracha

 

 Á cruzada contra o galego desde que Feijóo preside o goberno da Xunta,  levantando  a bandeira do odio contra a nosa lingua, contra a nosa cultura, súmase agora o concello da Laracha. 

Mais, tod@s temos que dar a batalla para paralizar o exterminio da nosa lingua que se está a facer desde as administracións nas que manda o PP, con todos os medios ao noso alcance, para  respostar ás políticas de eliminación do galego, de inoculación de odio e desprezo por nós mesmos.

A pasividade, a inacción non é o mellor camiño. O mellor é  unha oposición social activa, organizada que nos permita expresarnos.  Un exemplo de activismo é a do camarada Xosé Cotelo Freire, presidente da  A. VV.  A Cutareira e membro da   A.C. Quinta Feira.

Cotelo, como moitos galegos e galegas, non quere quedar calado e resposta, nesta ocasión, con este vídeo á campaña antigalega do PP no concello da Laracha. O PP protestara por unha pegada de cartaces en distintos puntos da localidade na que se criticaba as políticas de exterminio do galego que practica o actual goberno da Xunta de Galiza

 

Tropas israelís secuestran palestinos para quitarlles os seus órganos

Un destacado xornal sueco denunciou que soldados israelís secuestran palestinos para roubar os seusIsrael ataca aos nenos de Palestina órganos e vendelos no mercado negro. 

Publicouse hai uns días na WEB de Venezolana de Televisión unha denuncia do diario sueco Aftonbladet  na que, a través dun artigo  titulado “Eles saquean os órganos dos nosos fillos“, o diario di que soldados israelís secuestran a mozos palestinos de Cisxordania e da Franxa de Gaza e devólvenos ás súas familias logo de extraer os seus órganos.

“Os nosos fillos son utilizados como doantes involuntarios de órganos”, dixo un palestino de Nablus a Donald Bostrom, autor do artigo.
Tamén informou acerca doutros palestinos cuxos familiares foron vítimas da operación de contrabando de órganos.
Segundo o informe, todas as vítimas foron asasinadas, ademais de  practicárselle  unha autopsia aos seus corpos.

O artigo tamén menciona outro incidente similar ocorrido en 1992, na que un mozo activista palestino foi capturado por soldados israelís na zona de Nablus. O home recibiu un disparo no peito, nas pernas e o estómago.

O corpo do mozo atopouse cinco noites máis tarde. “Cando Bilal foi posto na súa tumba quedou claro para os presentes o abuso do que fora vítima. Read the rest of this entry »