Semella que o PP atopou a solución ideal para diminuír as listas de espera sanitarias
Publicado en Galiza o 02/07/2009 01:13 por Xosé AntónSe os diversos organismos, entidades ou empresas imitan o que fixo a Consellaría de Presidencia en Ourense ninguén levaría aos familiares ao centro de saúde o que rebaixaría o uso dos servizos sanitarios . En caso de non facer caso pasarás a ingresar nas listas do paro. Ti escolles! Ui, mais iso non será culpa do anterior bipartito por pretender facer un Grupo Lácteo Galego, levar adiante o concurso eólico ou pretender facer uso do galego nas galescolas?
A Xunta de Galiza vén de despedir a unha traballadora do servizo de limpeza da Consellaría de Presidencia en Ourense por ausentarse do seu traballo para levar a urxencias a súa filla enferma. A traballadora viuse na obriga de ausentarse do seu posto para acudir á urxencias coa súa filla de 18 meses, ausencias comunicadas e debidamente xustificadas, segundo consta no propio expediente da administración.
A CIG publica na súa web que denunciaron uns feitos “inauditos” que vulneran os dereitos dos traballadores/as recollidos no Estatuto do empregado público, na Lei da Función Pública e no convenio colectivo de aplicación. Así mesmo, xa adiantaron que presentarán denuncia contra a Consellaría por despedimento improcedente.