Sabemos, grazas a TeleSur, da resistencia pacífica do valente pobo hondureño contra os golpistas
Publicado en Mundo o 04/07/2009 23:00 por Xosé AntónPodes ver outros en radiomundial.com.ve
Estanse a saber bastantes noticias ( a pesares de que o golpe de estado produciu un obrigado apagón informativo nos medios progresistas hondureños ) grazas ao esforzo de comunicación da cadea venezolana Telesur*
Os campesiños, obreiros e todas as persoas dos sitios rurais está dirixíndose polos seus medios a Tegucigalpa, capital de Honduras, para continuar manifestando de xeito pacífico a favor do presidente constitucional Manuel Zelaya, dixo hoxe a TeleSur, Luís Galdanas, director do programa Tras la Verdad, da emisora hondureña Radio Globo.
“A xente está chegando polos seus medios á capital, estanse escapando polos ríos, polos vales, polas montañas, cada día a manifestación é máis grande, nunha bóla de neve que medra a favor de Zelaya”. A pesar da represión activada polo goberno golpista en Honduras, o pobo hondureño continúa este sábado a manifestación multitudinaria en contra da asonada oligarquico – militar e a favor da restitución do presidente constitucional, Manuel Zelaya. Así o comentou este sábado Rafel Alegría, dirixente campesiño de Honduras, nun contacto telefónico coa Televisora do Sur (Telesur), quen tamén agregou: «O pobo de Honduras maniféstase cada día máis contra o goberno usurpador, estamos á espera de que os golpistas rectifiquen e váianse».
*TeleSUR é un medio de comunicación latinoamericano, que xurdiu por iniciativa do Goberno Bolivariano de Venezuela, con vocación social orientado a liderar e promover os procesos de unión dos pobos do SUR. É un espazo e unha voz para a construción dunha nova orde comunicacional cen por cento latinoamericano, que se consolidou desde 2005 como referencia comunicacional da América do Sur cara ao mundo, coa transmisión de contidos noticiosos as 24 horas do día.
Hoxe en día, TeleSUR é unha empresa multiestatal, creada co apoio de seis países: Arxentina, Bolivia, Cuba, Ecuador, Nicaragua e Venezuela.
A política editorial ten como “Sur” contribuír co proceso de integración dos pobos latinoamericanos e cunha clara meta: axudar a formar cidadáns críticos, informados e participativos dentro da sociedade.
teleSUR ofrece ao televidente programación rica en contido informativo, a través de telexornais, documentais, programas de opinión e análise, que son producidos en distintos países de latinoamérica, e conforman unha pantalla plural que retrata o acontecer e aborda os desafíos que enfronta a rexión
.