Archive for Xullo, 2009

Pechado temporalmente por vacacións

Neste mundo que vexo de presente imperfecto, aproveito que marcho uns días de vacacións para darlle os parabéns aos novos Pechado temporalmente por vacaciónscargos do Consello Local do BNG da Laracha. Se cadra  abuso da amizade por felicitalos, mais a estes bos amigos pídolles que  continúen  coa súa actitude (de xeito contrario ás persoas que se autoadoutrinan  no facer que se fai ou na inmobilista equidistancia aséptica) activa  e tamén  reflexiva no traballo político que van desenvolver. Dese xeito, e servindo de exemplo un recente caso do que se ten falado e reflexionado,  non teremos que desconfiar dos aplausos unánimes.

Parécenme  as persoas adecuadas para ocupar uns cargos que a Asemblea Local necesita, traballando arreo tamén desde a nosa localidade para que non desaparezan os soños colectivos de conseguir unha Patria liberada.

 Estes días, entre outras actividades,  están a organizar  a Festa do Río, realizada sempre arredor do día da Patria Galega. A Festa do Río empezou hai 14 anos como reivindicación dunha área de ocio en Gabenlle, e serve como  preámbulo da festa que todas as galegas e  galegos celebraremos o vindeiro 25 de xullo en Compostela.

Desexo que con tanta festa  non se lles vaia o sentidiño a estes amigos, mais tampouco sería estraño que se lles mancase o sentido de tanto usalo.

Vémonos de novo a noite que actualice o blogue (o 24 de xullo) e o 25 de Xullo  en Compostela.

Unha aperta e até a volta a tod@s!

 

E Gürtel chegou a Galiza…

A pesares de que o (seica)presidente da Xunta de Galiza dixo que en Galiza non hai caso Gürtel cando se lle preguntacorrupción polo presunto financiamento ilegal do  Partido Popular, semella  que os datos que van saíndo á luz publica contradín as palabras de Núñez Feijóo.

Publica A Nosa Terra que unha firma do Gürtel, imputada por pagar comisións a Bárcenas, foi unha das empresas líderes  das obras nas deputacións galegas en 1999, cando estas administracións estaban nas mans do PPdeG e o número tres dos conservadores galegos era Pablo Crespo, hoxe en prisión preventiva por ser un dos presuntos cerebros da trama.

Tamén  informa ANT que os vínculos entre cargos do PPdeG e o caso Gürtel chegan a Juán Casares, ex deputado autonómico, e José Soutelo, deputado provincial en Pontevedra e líder conservador en Cangas do Morrazo.

E que Feijóo e Negreira eran os responsábeis dos departamentos que lle adxudicaron obras á Constructora Hispánica, imputada por pagarlle presuntamente ao tesoureiro do PP a través dunha rede codirixida por Pablo Crespo. A Constructora Hispánica recibiu máis de 33 millóns en adxudicacións da anterior Xunta do PP.

Pois semella que hai Gúrtel a mazo (de xulgado). Tanto é así que nunha enquisa do xornal electrónico  A Nosa Terra  un 95% dos lectores considera que si hai relación entre a trama Gúrtel e o PP de Galicia, metres un 4% opina o contrario.

 

Os falsimedia fan que a sociedade baile ao son que toca a dereita oligárquica

 

 De xeito que considerariamos incrible hai anos, hoxe os grandes medios de comunicación están de gardacostas, cando non lles marcan o camiño, da dereita estatal máis rancia  e do fascismo internacional, se non son o mesmo monstro con dúas cabezas. Read the rest of this entry »

 

Outra vez o urbanismo provoca unha moción de censura, esta vez en Gondomar. Moción=corrupción

Afirma o aínda alcalde nacionalista de Gondomar, Antón Araúxo,que esta moción baséase en argumentoscorrupcion, política e urbanismo descontrolado inconfesables que non se poden plasmar no papel.  O alcalde entende que esta moción de censura é legal pero non ética, xa que  se basea en feitos moi graves. Ademais, non dubidou en acusar  ao PP, ao PSOE e a Move Gondomar de asinar o documento por “intereses persoais” relacionados co urbanismo. Asevera Araúxo, nunha noticia publicada en GZnación  que todos os que a asinaron forman parte da «trama de especulación urbanística que se veu tecendo nos últimos anos en Gondomar». Read the rest of this entry »

 

Manipulacións dos medios de (in)comunicación masiva contra a Mesa Pola Normalización Lingüística

Subo ao blogue un comunicado da Mesa pola Normalización Lingüística sobre a campaña difamatoria lanzada contramanipulación informativa ela no día de onte por «La Voz de Galicia» e a TVG,  verdadeiras plataformas mediáticas conservadoras.  Visualízase que a campaña trata de presentar como fóra da lei as axudas públicas recibidas do anterior Goberno galego -particularmente das consellarías xestionadas polo BNG- e que rompían coa ilegalidade de gobernos anteriores.

Esta campaña non é igual á lanzada polo xornal liberal «El País» ,o mesmo que tanto critica as progresistas revolucións sociais en Suramérica?  Se aló pretende desacreditar aos activos movementos liberadores bolivarianos e aos seus actuais líderes (Evo Morales, Fernando Correa, Hugo Chávez ou Daniel Ortega) aquí semellase querer desacreditar ao nacionalismo galego, vencellandoo a non se sabe que escuras tramas de financiamento e, particularmente, satanizar todo que «cheire» a nacionalismo.

Estes grupos mediáticos deben considerar que centos de asociacións e empresas poden recibir axudas ou contratar coa administración galega, mais xa non é lexítimo se esas empresas ou asociacións están vinculadas á defensa dos intereses da Galiza, ou sexa «nacionalista». Entón xa é sospeitoso para eles.

 Para contribuír a esa actitude de buscar sempre o contraste da  información subo o seguinte comunicado da Mesa Read the rest of this entry »