Bergantiños participa no Día da Patria Galega na procura dunha Galiza mellor

Militantes e simpatizantes do BNG de Bergantiños participaron na Manifestación Nacional do Día da Patria Galega na Bergantiños no Día da Patriaprocura dunha Galiza liberada e integrada nun mundo mellor. Podes acceder aquí á Galería de Fotos que se actualizará dentro duns dias.

Despois de percorrer as rúas do casco vello de Santiago de Compostela chegaron a unha Praza da Quintana ateigada por unas 20.000 persoas ás que portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez lles pediu “adicar todo o noso esforzo a traballar polos intereses da maioría social de Galiza e a gañar a confianza de miles de galegas e galegos que cren que o nacionalismo é a solución para conseguir unha Galiza máis libre e máis próspera”.

Noutra parte da súa intervención Guillerme Vázquez advertiu de que “o BNG non aceitará un Estatuto que andan xa a argallar PP e PSOE e que consolide a Galiza na Segunda División” entre as Comunidades do Estado.

“Que saiban que para ese fin non van contar co BNG. O PSOE é libre de pactar co PP o que queira, pero será o PSOE quen teña que explicarse diante da sociedade galega”, advirtiu o portavoz nacional do BNG.

Por último, Guillerme Vázquez salientou que “fronte á claudicación e ao conformismo de PP e PSOE, e qué demoledor para os intereses de Galiza, o BNG nin claudica nin se conforma”. “Os dereitos -concluiu- non se regalan, conquístanse

Pola súa parte, a coordinadora da Executiva do BNG, Teresa Táboas, incidiu durante a súa intervención na necesidade de que “traballemos e loitemos unidos fronte ás falcatruadas que está a facer o Goberno do PP”.

Fronte ás agresións do Goberno de Feijóo, Teresa Táboas pediu “unha mobilización pola lingua e polo emprego porque senón quedaremos cun país sen sinais de identidade e empobrecido”.

Por último, a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, volveu esixir o dereito da mocidade galega “a vivir e traballar na nosa Terra” e denunciou que as políticas do Goberno do PP “non solucionan os nosos problemas porque o único que nos ofrecen é máis precariedade laboral e máis emigración”.

 

Deixa unha resposta