Aberto de novo despois dun descanso
Publicado en Galiza o 24/07/2009 19:05 por Xosé AntónEstou de novo aquí nesta realidade imperfecta, abrindo de novo o blogue que pechara temporalmente por vacacións.
Mañá achégome a Compostela, hoxe non podo xa que acabo de chegar de viaxe e teño moito que facer para poder asistir mañán, como lembra o BNG na súa Web, á celebración da grande manifestación patriótica convocada polo Bloque Nacionalista Galego.
A marcha partirá da Alameda ás 12.00 cara as rúas do casco vello de Santiago de Compostela até chegar á Praza da Quintana, a pesares dos bispos. Alí falaránTeresa Táboas, coordenadora executiva; Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova; e o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, que fechará o acto reivindicativo
Hoxe ás 5:30 da tarde tamén se realizou una homenaxe a Rosalía e Castelao no Panteón de Galegos Ilustres e comezou o Festigal no Campus Sul cunha programación de 48 horas ininterrumpidas.
Por outra banda o PP celebra a ignorancia: hoxe a Asociación de Escritores de Lingua Galega criticou ao goberno tardofranquista da Xunta pola política de retroceso do noso idioma. Acusaron ao (seica)presidente, Alberte Núñez Feijóo de capitanear unha política de eliminación do galego e de asumir unha óptica de colonizados.
Unha aperta a tod@s, vémonos en Compostela.