O grupo lácteo era a solución en clave de país, mais…
Posted in Galiza on 07/31/2009 01:44 a.m. by Xosé Antón Hai días que era noticia continuada as protestas e tratoradas dos produtores lácteos contra as grandes distribuidoras
presentes en Galiza co fin de denunciar o dumping e a masiva importación de leite de Francia e doutros países de Europa que chega a poñer en dúbida a calidade do leite. Con iso os sindicatos pretendían chamar a atención dos consumidores para que pensen que cando veñen mercar a estas grandes distribuidoras están contribuíndo a que desfagan o que queda do noso sector lácteo.
A solución deseñada na anterior lexislatura era a constitución do Grupo Lácteo Galego. Aínda que a crise económica e as dificultades para obter financiamento impedían avanzar todo o que se necesitaba, o anterior goberno galego conseguiu sentar á mesa a entidades moi importantes. Ao mundo cooperativo do sector lácteo abríronselle moitas portas grazas ao concurso eólico, unha capitalización que lle permitiría consolidar esta iniciativa nos catro anos da actual lexislatura. Mágoa que a chegada do PP ao goberno da Xunta truncase a positiva transformación do medio rural galego. Read the rest of this entry »