Feliz aniversario presidente Chávez
Posted in Mundo on 07/28/2009 07:01 pm by Xosé AntónÚnome a todas as persoas do mundo que hoxe che desexan FELIZ ANIVERSARIO! presidente Chávez.
Mentres os inhumanos sectores oligárquicos imperialistas, coas súas plataformas mediáticas -que lles encubren as enormes desigualdades en materia de acceso a recursos, calidade de vida e poder- enchen de veleno desinformativo as novas que emiten para que o mundo te deteste tanto como eles o fan, as maiorías sociais de todos os sures, as persoas desfavorecidas, oprimidas, os que non teñen pan neste imperfecto mundo e os que traballan para vivir nunha Patria Liberada poñémonos dignamente en pé co puño en alto para reclamar a canda ti un xusto, plural, equilibrado e diverso desenvolvemento humano no universo. Todos desexámosche, camarada Hugo Chávez Frías, longa vida e moita saúde, para que continúes coa política bolivariana que, como o nacionalismo, ten como obxectivo acadar outro mundo posible, alternativo ao imperialismo económico, social e cultural, á opresora mundialización.
Até a Vitoria Sempre. Venceremos!