Archive for Xullo 27th, 2009

No perigoso camiño da privatización dos Servizos Sociais

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, integrado pola Xunta de Galiza e por 267 concellos galegos (entre eles o concello da Laracha) foi a fórmula xurídica escollida por Vicepresidencia da Xunta de Galiza (anterior goberno Bipartito) para unha xestión moderna e innovadora dos servizos sociais que o Goberno dos TUCSIM pretende agora  desfacer para privatizalo. Semella que o señor Feijóo non atopa tempo para gobernar, pero si que o ten para desmontar, entre outros,  uns servizos sociais públicos e de calidade  que tanto necesitan as persoas para mellorar as súas condicións de vida. 

A Laracha foi un dos  múltiples exemplos de implantación de políticas sociais (licitación do Centro de Día- Residencia,Obradoiro da Risa Galescola, Comedor sobre Rodas, aplicación das Políticas de Igualdade de Xénero…) produto  dun esforzo económico e organizativo realizado polo Consorcio de I+B de Vicepresidencia da  Xunta de Galiza, sin parangón na historia do País. Capítulo aparte  merece o programa TEMPOS DE MULLERES do Consorcio de Vicepresidencia da Xunta de Galiza, que naceu coa vontade de fomentar os espazos de encontro das mulleres. Sabendo que a formación é cada día máis importante, nas dúas  edicións realizadas na Laracha, as actividades desenvolvéronas as equipas de Igualdade do Consorcio a través da rede galega de Oficinas de Igualdade e Benestar coñecidas co nome de Oficinas I+B. Colaboraron, na nosa localidade, as asociacións Quinta Feira e A Cutareira, ofrecéndose unha oferta moi ampla e diversificada que remataron  cun éxito incuestionábel e sabor agridoce na última. Supoñíase que co cambio de goberno (e logo confirmouse)  a brigada de demolición dos TUCSIM tentarían voltar ás políticas do pasado: privatizar e facer que se fai.  Read the rest of this entry »