Bergantiños participa no Día da Patria Galega na procura dunha Galiza mellor
Posted in A Costa da Morte on 07/26/2009 03:46 am by Xosé AntónMilitantes e simpatizantes do BNG de Bergantiños participaron na Manifestación Nacional do Día da Patria Galega na
procura dunha Galiza liberada e integrada nun mundo mellor. Podes acceder aquí á Galería de Fotos que se actualizará dentro duns dias.
Despois de percorrer as rúas do casco vello de Santiago de Compostela chegaron a unha Praza da Quintana ateigada por unas 20.000 persoas ás que portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez lles pediu “adicar todo o noso esforzo a traballar polos intereses da maioría social de Galiza e a gañar a confianza de miles de galegas e galegos que cren que o nacionalismo é a solución para conseguir unha Galiza máis libre e máis próspera”. Read the rest of this entry »