E Gürtel chegou a Galiza…
Posted in Galiza on 07/09/2009 10:39 p.m. by Xosé AntónA pesares de que o (seica)presidente da Xunta de Galiza dixo que en Galiza non hai caso Gürtel cando se lle pregunta
polo presunto financiamento ilegal do Partido Popular, semella que os datos que van saíndo á luz publica contradín as palabras de Núñez Feijóo.
Publica A Nosa Terra que unha firma do Gürtel, imputada por pagar comisións a Bárcenas, foi unha das empresas líderes das obras nas deputacións galegas en 1999, cando estas administracións estaban nas mans do PPdeG e o número tres dos conservadores galegos era Pablo Crespo, hoxe en prisión preventiva por ser un dos presuntos cerebros da trama.
Tamén informa ANT que os vínculos entre cargos do PPdeG e o caso Gürtel chegan a Juán Casares, ex deputado autonómico, e José Soutelo, deputado provincial en Pontevedra e líder conservador en Cangas do Morrazo.
E que Feijóo e Negreira eran os responsábeis dos departamentos que lle adxudicaron obras á Constructora Hispánica, imputada por pagarlle presuntamente ao tesoureiro do PP a través dunha rede codirixida por Pablo Crespo. A Constructora Hispánica recibiu máis de 33 millóns en adxudicacións da anterior Xunta do PP.
Pois semella que hai Gúrtel a mazo (de xulgado). Tanto é así que nunha enquisa do xornal electrónico A Nosa Terra un 95% dos lectores considera que si hai relación entre a trama Gúrtel e o PP de Galicia, metres un 4% opina o contrario.