Manipulacións dos medios de (in)comunicación masiva contra a Mesa Pola Normalización Lingüística
Posted in Galiza on 07/06/2009 05:41 p.m. by Xosé AntónSubo ao blogue un comunicado da Mesa pola Normalización Lingüística sobre a campaña difamatoria lanzada contra
ela no día de onte por «La Voz de Galicia» e a TVG, verdadeiras plataformas mediáticas conservadoras. Visualízase que a campaña trata de presentar como fóra da lei as axudas públicas recibidas do anterior Goberno galego -particularmente das consellarías xestionadas polo BNG- e que rompían coa ilegalidade de gobernos anteriores.
Esta campaña non é igual á lanzada polo xornal liberal «El País» ,o mesmo que tanto critica as progresistas revolucións sociais en Suramérica? Se aló pretende desacreditar aos activos movementos liberadores bolivarianos e aos seus actuais líderes (Evo Morales, Fernando Correa, Hugo Chávez ou Daniel Ortega) aquí semellase querer desacreditar ao nacionalismo galego, vencellandoo a non se sabe que escuras tramas de financiamento e, particularmente, satanizar todo que «cheire» a nacionalismo.
Estes grupos mediáticos deben considerar que centos de asociacións e empresas poden recibir axudas ou contratar coa administración galega, mais xa non é lexítimo se esas empresas ou asociacións están vinculadas á defensa dos intereses da Galiza, ou sexa «nacionalista». Entón xa é sospeitoso para eles.
Para contribuír a esa actitude de buscar sempre o contraste da información subo o seguinte comunicado da Mesa Read the rest of this entry »