Archive for Xullo 5th, 2009

O Claustro do IES Agra de Leborís da Laracha en contra da agresión ao galego

 

A noxenta intención do (des)goberno (anti)galego de Núñez Feijóo  de desprestixiar a lingua galega  está a producir críticas e rexeitamentos masivos na  sociedade galega. A última reacción en contra da exterminadora política linguística  do PP produciuse hai uns días: o profesorado do IES Agra de Leborís da Laracha adoptou enviar un documento (aprobado no claustro do 30 de xuño de 2009)  á Consellería de educación no que manifestaba o seu rexeitamento á consulta que a Consellería está realizando nos centros educativos sobre a utilización das linguas no ensino.

 O claustro afirma no escrito o seu total e profundo rexeitamento á consulta ás familias, que considEu quero o galegoera precipitada, tendenciosa, partidista e totalmente innecesaria. O claustro asevera que a consulta ten motivacións políticas e non pedagóxicas, ademais de ser intencionadamente enganosa. Tamén lembran que o actual “goberno” da Xunta de Galiza pretende, ao abeiro dunha enquisa falta de todo rigor, levar a cabo un ataque dunha grande  magnitude á nosa lingua. Read the rest of this entry »