Archive for Xullo 4th, 2009

Sabemos, grazas a TeleSur, da resistencia pacífica do valente pobo hondureño contra os golpistas

Clica en  calquera video para velo
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

Estanse a saber bastantes noticias ( a pesares de que o golpe de estado produciu un obrigado apagón informativo nos medios progresistas hondureños ) grazas ao esforzo  de comunicación  da cadea venezolana Telesur*

 Os campesiños, obreiros e todas as persoas dos sitios rurais está dirixíndose polos seus medios a Tegucigalpa, capital de Honduras, para continuar manifestando de xeito pacífico a favor do presidente constitucional Manuel Zelaya, dixo hoxe a TeleSur, Luís Galdanas, director do programa Tras la Verdad, da emisora hondureña Radio Globo.

“A xente está chegando polos seus medios á capital, estanse escapando polos ríos, polos vales, polas montañas, cada día a manifestación é máis grande, nunha bóla de neve que medra a favor de Zelaya”. A pesar da represión activada polo goberno golpista en Honduras, o pobo hondureño continúa este sábado a manifestación multitudinaria en contra da asonada oligarquico – militar e a favor da restitución do presidente constitucional, Manuel Zelaya. Read the rest of this entry »